ESPANTALLO AMIGO
Despois de disfrutar da lectura do libro "Espantallo Amigo", onte, os alumnos e alumnas dos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder ver a adaptación deste clásico de Xosé Neira Vilas da man dos Quinquilláns.
Foi unha saída moi divertida na que os Quinquilláns nos fixeron rir, cantar e sobre todo aprender a importancia da amizade. Xuntos, podemos facer deste mundo un lugar mellor.
12 de dec. de 2018
Novidades decmbro
NOVIDADES DECEMBRO
Xa tes plan para pasar estas tardes tan frías?? En caso de que non teñas, Pepiño ten novidades estupendas! Bule que voan!
28 de nov. de 2018
NOVIDADES
NOVIDADES
Sabíades que temos novos libros de lectura e consulta enBibliopepiño?? Non te esquezas de visitar a zona de Novidades que temos na entrada da biblio. Poderás atopar títulos como:
´
15 de nov. de 2018
P.D.I. Vive o Camiño, lendas
P.D.I. Vive o Camiño
Da importancia que tivo desde a Idade Media o Camiño Portugués dan fe os múltiples escudos, símbolos e tallas xacobeas que atopa o camiñante tanto na zona norte do país luso -un punto significativo sería Coimbra- como en Galicia, e as lendas e tradicións que balizan a súa traxectoria. Hai escritos populares que, mesmo, sitúan na costa entre Porto e Vigo a orixe do uso da vieira como emblemática xacobea a partir dun episodio protagonizado por un cabaleiro que sae do mar cuberto de cunchas. No caso de Portugal, ademais, o milagre do Apóstolo máis famoso, o do peregrino acusado erroneamente de roubo e enviado á forca e o do galo que resucita e ponse a cantar como proba da súa inocencia, chegou a dar ao país una das súas simboloxías máis coñecidas, a do galo de Barcelos, representada nunha peza de cerámica de vivas cores.
A lenda transcorre nesta histórica localidade do distrito de Braga (no Camiño Francés o escenario é Santo Domingo da Calzada) e céntrase neste caso nun peregrino galego. Segundo a lenda, o camiñante, xa salvado da forca, retornaría anos despois a Barcelos para esculpir o cruceiro do Señor do Galo que se atopa no Museo Arqueolóxico.
(Se queres saber máis sobre lendas do camiño, non te esquezas de pasarte pola biblio 😊)
14 de nov. de 2018
P.D.I. Vive o Camiño
P.D.I. VIVE O CAMIÑO
A ruta do camiño portugués pola costa recorre os 280 kilómetros que separan a Oporto de Santiago de Compostela. Ata agora non era unha vía moi frecuentada; a día de hoxe, cada vez son máis as persoas que se animan a facer esta ruta. O camiño pola costa está dividido en 13 etapas.
Se queres saber cales son, pica nos seguintes enlaces e poderás atopar máis información sobre etapas, vilas, cidades...
8 de nov. de 2018
P.D.I. Vive o Camiño
P.D.I. VIVE O CAMIÑO
Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais, unha pola costa e outra polo interior.
O acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.
(Se queres saber máis sobre estas cidades e pobos que aparecen no texto, só tes que picar nas palabras destacadas e irás directamente a unha páxina web de información)
Aquí podes ver un mapa do Camiño de Santiago pola costa:
P.D.I. Vive o Camiño
P.D.I. VIVE O CAMIÑO
Este ano o noso proxecto trata sobre o Camiño de Santiago pola costa. Todo o cole estamos a facer actividades sobre este tema.
O título de "VIVE O CAMIÑO" foi pensado polos nosos axudantes, que con moito gusto escolleron esta frase tan fermosa.
Recomendacións de novembro
RECOMENDACIÓNS DE NOVEMBRO
Xa comezan os días de choiva... que mellor que coller unha destas novidades e ler na casiña??? "Na pocura do tesouro de Kola", "Nube Branca quere ser astronauta", "Un, dous, tres, vampiro ti es!", "Isadora Moon", "Escaquis e Romeu"...
Esperamos que vos gusten e as disfrutedes!
6 de nov. de 2018
AXUDANTES 2018-2019
AXUDANTES DE BIBLIOPEPIÑO 2018-2019
Este ano temos uns axudantes de sexto de Educación Primaria máis que dispostos a contribuír coa labor de bibliopepiño!
Moitas grazas a todos!! Estamos encantados co voso traballo!
Apadriñamentos lectores
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Hoxe traemos máis fotos dos apadriñamentos lectores! Xa atopaches a túa???5 de nov. de 2018
ITINERARIOS LECTORES 2018-2019
ITINERARIOS LECTORES 2018-2019
Xa temos o novo itinerario lector para o presente curso! Estamos desexando comezar a ler estes libros que nos recomendan os nosos mestres!
Título
|
Autor/a
|
|
1º Educación Primaria
|
¡Que
viene el lobo!
|
Ramadier & Bourgeau
|
¡Mucho
ojo con los piojos!
|
Giles Andrae
|
|
¿Jugamos?
|
Hervé Tullet
|
|
Somos
semellantes
|
Guido Van Genechten
|
|
A
xoaniña e a noite
|
Josefa Contijoch
|
|
Galofoguete
|
Elena Fernández Montes
|
|
2º
Educación Primaria
|
Lola y las 21 vacas |
Blas Rueda
|
Un
abuelo en apuros
|
Jose Carlos Román
|
|
Isa
trastos
|
Pip Jones
|
|
Laia
|
Baía Fernández de la Torre
|
|
Poemas
con canela
|
Miguel Anxo Romero
|
|
Nube
branca quere ser astronauta
|
Pablo Nogueira
|
|
3º
Educación Primaria
|
O
lapis de Rosalía
|
Antón Cortizas
|
O segredo do pan |
Pepe Cáccamo
|
|
Cámbiache
o conto!
|
Pinto e Chinto
|
|
Las
aventuras del capitán calzoncillos
|
Dav Pilkey
|
|
El
secuestro de la bibliotecaria
|
Margaret Mahy
|
|
Versos
vegetales
|
Antonio Rubio
|
|
4º
Educación Primaria |
Los
negocios del señor gato
|
Gianni Rodari
|
Muriel |
María Canosa
|
|
Las
ballenas cautivas
|
Carlos
Villanes
|
|
En el
corazón del bosque
|
Agustín
Fernández Paz
|
|
Un
tren cargado de misterios
|
Agustín
Fernández Paz
|
|
Poemar
o mar
|
Antonio García Teijeiro
|
|
5º
Educación Primaria |
Vagalume
de versos
|
María Canosa
|
Unha
pantasma no colexio
|
Manuel Lourenzo
|
|
As peripecias de Extravaganza Pérez |
Ledicia Costas
|
|
El
día que el mundo amaneció al revés
|
Eva Morteno Villalba
|
|
La
tribu de los Zippoli
|
David Nel-lo
|
|
Un
beso de mandarina
|
Eulalia Casal
|
|
6º
Educación Primaria
|
Cartas
a Lelo
|
X. Neira Vilas
|
Os soños na gaiola |
Manuel María
|
|
Escarlatina:
A cociñeira defunta
|
Ledicia Costas
|
|
Los
cretinos
|
Roald Dahl
|
|
Las
brujas
|
Roald Dahl
|
|
El
diario de Ana Frank
|
Ana Frank
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)