Aquí vos deixamos unha pequena recopilación de recomendacións lectoras para ESPANTAR OS MEDOS, con elas poderedes disfrutar ao máximo desde días de Samaín.
24 de out. de 2022
17 de out. de 2022
OBRADOIRO DE SAMAÍN
Os alumnos voluntario de Biblio comezan o curso con moita enerxía.
A primeira das suas actividades propostas foi un obradoiro de creación de decoración para Samaín.
Foi todo un éxito, tivemos a biblioteca chea de xente creativa, disposta a facer o seu adorno máis terrorífico.
Queredes comprobalo?
Estade moi atentxs porque veñen cousas sorprendentes!
16 de out. de 2022
APERTURA BIBLIOPEPIÑO 22-23
Por fin, chegou o gran día, mañá luns 17 de outubro BiblioPepiño abre as suas portas con total normalidade.
O alumnado voluntario de biblio estivo traballando arreo para que todo esté preparado para a apertura de portas.
A organización, xestión e dinamización estará nas súas mans.
Vai ser todo un éxito, estade moi atentos.
MAÑÁ COMEZAMOS!
15 de out. de 2022
MOCHILAS VIAXEIRAS
Ola rapazada.
Un dos momentos mais esperados na Biblio xa está aquí. As notas mochilas viaxeiras xa están listas para partir as cosas casas.
Este ano teñen algunha novidade, que vos parecen uns divertidos retos propostos polo profe Noel de educación física? Seredes capaces de bailar o disco chino? E de atravesar unha habitación sen pisar o chan?
Estaremos atentxs!
Podedes identificar nas mochilas o pequeno guiño que fixemos ao noso proxecto de centro?
13 de out. de 2022
A GUARDA É VIDA
Damos comezo ao noso proxecto documental de centro, este ano versará sobre...
COMEZAMOS!
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
O luns 17 de outubro BiblioPepiño abre as súas portas a todxs as familias que o desexen.
Farémolo en horario de tarde, de 15:30 a 17:30 os luns, mércores e xoves.
Aquí tedes unha pequena explicación do funcionamento da nosa biblioteca.
2 de out. de 2022
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Boas rapazada, esta semana precisamos da vosa colaboración, comezamos a preparar os grupos de axudantes de biblioteca.
Si es alumno ou alumna de quinto ou sexto, e estás interesado/a en colaborar con nos, vémonos o mártes día 4 de outubro ás 11:05 na biblioteca.
Vémonos o martes!