23 de xuño de 2023

BOOKTUBERS

Nas últimas xuntanzas dos Clubs de lectura de 3º, 4ºA e 4ºB divertímonos moito! 
Primeiro acomodámonos no noso recuncho de lectura para comentar cos demáis os últimos capítulos dos libros que estabamos lendo e despois elaboramos un guión para gravar un vídeo de Booktubers, que, para quen non o sepa, son coma os Youtubers, pero recomendando libros!!

Na seguinte sesión cada Club gravou o seu vídeo:

As nenas e nenos de 3º gravamos:

 A noite dos animais de Agustín Fernández Paz.


As nenas e nenos de 4ºB e algúns de A gravamos 

Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.


E as nenas e nenos de 4ºA gravamos 

A señorita Bubble de Ledicia Costas



E para poñerlle un broche dourado ao Club de lectura, o día antes de rematar o curso quedamos na biblioteca todos xuntos para comer unhas pizzas mentres viamos o resultado final dos vídeos.


AGARDAMOS QUE VOS GUSTE O NOSO TRABALLO TANTO COMO A NÓS!!

Vémonos en setembro

22 de xuño de 2023

DESCONECTA E COMPARTE: Ioga en familia

 Rematamos o curso cunha actividade centrada na conexión familiar.

O día 20 de xuño disfrutamos dunha sesión de Ioga en familia da man de Samantha.


Ademais de presentarnos diferentes posturas e maneiras de relaxarnos, tivemos a sorte de que nos mostrou unha morea de libros cos que podemos praticar técnicas de relaxación e ioga na nosa casa.


GRACIÑAS SAMANTHA!


16 de xuño de 2023

KAHOOT LITERARIO, FINAL DE CURSO

 Os maiores do club de lectura rematamos as nosas xuntanzas cun broche de ouro.


Puxemos en común as nosas impresións sobre a vida deste home que se decidiu a percorrer un pouquiño mais de mundo cos seus 100 anos.

E a maiores e como colofón final xogamos a un Kahoot sobre os distinto libros lidos durante este curso 2022-2023:

Kahoot Club de lectura


Foi una sesión moi divertida e entretida.

Graciñas familias por toda a vosa colaboración e amabilidade!


Vémonos en setembro!


14 de xuño de 2023

DESCONECTA E COMPARTE: Ioga en familia para a conexión auténtica.

 Rematamos o curso cun obradoiro de conexión en familia.


O obradoiro será impartido por Samanta de Samyama na súa web podedes ver a súa ampla formación e experiencia.

Se estades interesados en participar anotádevos en este formulario:


6 de xuño de 2023

ENQUISA PARA FAMILIAS

 Estimadas familias.

Como sabedes este venres BiblioPepiño pecha as súas portas, para prepararse para o préstamo de verán, recargar enerxías e poder iniciar un novo curso cheíño de novas aventuras. 

Pero antes de marchar queremos pedirvos un ratiño do voso tempo para facer unha breve valoración sobre as diferentes actividades desenvolvidas durante este ano e así poder mellorar en próximos cursos.


GRAZAS POR ESTAR SEMPRE AHÍ SEN VOS TODO ISTO NON SERÍA POSIBLE!

ENQUISAS PARA MESTRES

 Rematamos o curso e é tempo de reflexionar sobre todo o traballo feito neste curso 2022-2023.


Agradecemos enormemente a vosa colaboración cubrindo esta breve enquisa para poder mellorar e seguir medrando o próximo curso.

5 de xuño de 2023

A GUARDA É VIDA

E pasiño a pasiño, chegamos ao final... casi final de curso e si, final do noso Proxecto de Centro.

Aquí tedes o resultado do traballo de investigación de todo o curso, de todo o alumnado do centro.

Unha guía audiovisual da nosa vila: A GUARDA.

Agardamos que a disfrutedes e que a compartades con toda a xente que queira coñecer un pouco máis o noso pobo.

NOTA: Para acceder á información debedes premer nos diferentes + que aparecen na imaxe.

2 de xuño de 2023

AS FAMILIAS CONTAN

 Os meses de abril, maio e xuño, estiveron de momentos en familia, nos que moitos vos quixéchedes compartir con nos as vosas historias.


Sen a vosa colaboración todas estas propostas non sería posibles.

GRACIÑAS