O pasado día 21 de febreiro visitáronnos os alumnos/as de 1ºB da ESO e a súa profe de galego Menchu, para continuar cos Contos do Mundo, esta vez os nenos/as de cinco anos viaxaron a Australia da súa man.
Aquí vos deixamos unha galería de imaxes para que vexades o ben que o pasamos...
Como sabedes este ano, dende BiblioPepiño, estamos levando a cabo a P.D.I." Viaxamos polo mundo"
Nestas datas e aproveitando a celebración do Entroido os alumnos de 6ºB, fixeron un photocoll, que puxeron na entrada do cole, ao lado do mural do Proxecto e invitáronvos a viaxar con eles a Exipto.
Hoxe quérovos contar a onde me levaron o pasado martes os alumnos/as e profes do IES A Sangriña, enmarcado no noso proxecto de biblioteca, viaxamos a...Brasil!!!!
Si, si, a Brasil... ese país situado na outra beira do Atlántico, onde celebran un entroido espectacular e teñen unhas praias aluciantes.
O profe Denís Vicente, que vivíu dous anos alí, na cidade de Río de Janeiro achegouse a contarlleloaos alumno/as de primeiro.
Mirade que atentos estaban todos!
Despois da explicación de Brasil, o profe Denís coa colaboración da profe María Carneiro contáronnos dous contos tradicionais de Brasil. Deixámosvos estas fotiños como recordo
Hoxe, no apartado Contos do Mundo, que se ven desenvolvendo desde BiblioPepiño en colaboración coa biblioteca
do IES A Sangriña viaxamos a China, concretamente a Macao.
O conto titulado" O segredo da
xuventude eterna é a aprendizagen" foi
presentado estupendamente por unha das responsables da biblioteca do
IES, María Carneiro. Viña acompañada da lectora de Isabel e do profe de
portugués Alberto Viso.
Seguro que estades intrigados
pensando que fan estas persoas relacionadas co idioma portugués nun conto chinés? Pois a
razón é moi sinxela. Unha das cidades chinas, Macao, foi colonia portuguesa
hasta o ano 1999. E ali, na China, o portugués é idioma oficial xunto co
cantonés chino.
O Profe Alberto ampliou as nosas
informacións sobre Macao e a súa historia, costumes...dun xeito moi especial.
Isabel, a lectora, ten unha amiga que vive en Macao
que tivo a amabilidade de enviarnos unha carta contándonos como vive e algunhas cousiñas de Macao. Tamén nos mandou fotos da cidade. E chegou o momento de ler o conto.
Entre os tres montaron o Kamishibay e... sorpresa. As ilustracións do conto
estaban feitas por Lucas, un compañeiro de clase!!!
O conto foi realmente moi interesante, entretido e o mesmo tempo ten unha ensinanza xenial.
No deixes de escoitalo!!!
Foi unha expereriencia enriquecedora e que ben seguro tardarán en esquecer.
O pasado xoves comezamos osContos polo Mundo, actividade enmarcada na nosa PDI: Viaxamos polo mundo. Nesta ocasión viaxamos a Portugal coa historia de: O MACACO DO RABO CORTADO. Interpretado polos alumnos de 1º de Bacherelato do IES A Sangriña. Foi unha mañá inesquecible!!!
Para rematar e de sorpresa o alumnos/as de segundo (que son os que este curso viaxan a Portugal) interpretaron a canción portuguesa: O PITINHO AMARELINHO para este público tan especial.
Estivemos encantados coa vosa visita!!!
Vémonos a próxima semana con novas aventuras viaxeiras!!!
Durante os meses de febreiro e marzo teremos o privilexio de disfrutar de historias do mundo mundial contadas por alumnos/as e mestres/as do IES A Sangriña. Esta idea xurdiu o pasado mes de novembro durante unhas xornadas de formación coa finalidade de fomentar a lectura de toda a comunidade educativa e de aproveitar a cercanía da que dispoñemos os dous centros. Aproveitando a posibilidade lingüística que nos dan os alumnos/as do IES, estes virán ó noso centro a contarnos historias, contos... relacionados cos países que investigan as distintas aulas do noso centro: Portugal, Australia, México, China...
Aquí vos deixamos o calendario cos diferentes países e contos ós que imos viaxar!!!
Estade atento que aquí vos contaremos todas as visitas!!!
O pasado día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz para conmemorar o día da
morte de Gandhi.
Gandhi naceu o 2 de outubro
de 1869 na India, casou con 13 anos e tivo unha esposa durante mais de 60 anos.
Estudiou nunha escola da
India e máis tarde a carreira de dereito en Londres.
En 1893 marchou a África
onde homes e mulleres de raza negra e hindúes eran maltratados, alí comezou a
súa loita cunha arma moi especial: A verdade.
O seu desexo foi que a India
se independizara de Gran Bretaña xa que os musulmáns querían crear un novo
país.
Gandhi foi asasinado o 30 de
xaneiro de 1948 de aí que o día de hoxe se celebre o día da PAZ.
Neste día quixemos recordar
a necesidade da educación para a tolerancia, da solidariedade e respecto dos
Dereitos Humanos da non violencia e da Paz.
Para conmemorar esta data
catro axudantes de BiblioPepiño fixeron e narraron para todos/as os/as nenos/as do cole, unha adaptación do conto: A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra e Carmen Gil, enlazándoo co noso proxecto: Viaxamos polo Mundo.
Aquí volo deixamos para que vexades o resultado.
Así como algunhas imaxes coas que podedes ver que ben o pasamos todos xuntos no salón de actos:
Rematamos o día coa interpretación do BAILE DA PAZ (Mama Cabra)