12 de dec. de 2018

OBRA DE TEATRO "Espantallo amigo"

ESPANTALLO AMIGO

        Despois de disfrutar da lectura do libro "Espantallo Amigo", onte, os alumnos e alumnas dos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder ver a adaptación deste clásico de Xosé Neira Vilas da man dos Quinquilláns. 
     Foi unha saída moi divertida na que os Quinquilláns nos fixeron rir, cantar e sobre todo aprender a importancia da amizade. Xuntos,  podemos facer deste mundo un lugar mellor.




Ningún comentario:

Publicar un comentario