P.D.I. Vive o Camiño
Da importancia que tivo desde a Idade Media o Camiño Portugués dan fe os múltiples escudos, símbolos e tallas xacobeas que atopa o camiñante tanto na zona norte do país luso -un punto significativo sería Coimbra- como en Galicia, e as lendas e tradicións que balizan a súa traxectoria. Hai escritos populares que, mesmo, sitúan na costa entre Porto e Vigo a orixe do uso da vieira como emblemática xacobea a partir dun episodio protagonizado por un cabaleiro que sae do mar cuberto de cunchas. No caso de Portugal, ademais, o milagre do Apóstolo máis famoso, o do peregrino acusado erroneamente de roubo e enviado á forca e o do galo que resucita e ponse a cantar como proba da súa inocencia, chegou a dar ao país una das súas simboloxías máis coñecidas, a do galo de Barcelos, representada nunha peza de cerámica de vivas cores.
A lenda transcorre nesta histórica localidade do distrito de Braga (no Camiño Francés o escenario é Santo Domingo da Calzada) e céntrase neste caso nun peregrino galego. Segundo a lenda, o camiñante, xa salvado da forca, retornaría anos despois a Barcelos para esculpir o cruceiro do Señor do Galo que se atopa no Museo Arqueolóxico.
(Se queres saber máis sobre lendas do camiño, non te esquezas de pasarte pola biblio 😊)
Ningún comentario:
Publicar un comentario