Amosando publicacións coa etiqueta Novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novidades. Amosar todas as publicacións

3 de abr. de 2022

NOVIDADES

Durante este curso 2021-2022 incorporamos numerosos títulos de investigación aos nosos andeis.

Non deixedes de vir a buscar libros de información para continuar ampliando os vosos coñecementos.



27 de maio de 2021

Novidades!

Estamos a piques de rematar o curso, pero...

 á nosa biblioteca seguen chegando novidades cheas de rimas, música, forza, diversión e aventuras!

Aos nosos rapaces e rapazas encántanlles!




A LER: ATA O INFINITO E MÁIS ALÓ!


 

25 de nov. de 2020

RECUNCHO DE IGUALDADE

Hoxe é un día de especial importancia. Hoxe é 25 de novembro: 25N

Desde Bibliopepiño apoiamos fortemente as igualdades entre nenos e nenas e pensamos que estas bases se asentan na infancia. 

Por iso, este curso a BiblioPepiño está mudando e transformándose para que no vindeiro curso poidamos disfrutar dela moooooooito máis.

E unha das novidades é a creación dun RECUNCHO DE IGUALDADE no que podemos atopar unha chea de contos que tratan esta temática. 

Ao longo do curso iremos mercando máis libros para incluílos nesta zona. Algunhas das últimas novidades e libros premiados nesta categoría xa están á vosa disposición neste recunchiño.

Moitos deles van dentro das mochilas viaxeiras, por exemplo: 

¡Vivan las uñas de colores!

Cuando las niñas vuelan alto.

Cincenta e as zapatillas peludas.

El libro secreto de las princesas que se tiran pedos.

Érase dos veces la ratita presumida.

Érase dos veces los tres cerditos.

Érase dos veces la Cenicienta.



Recuncho de igualdade




Novos contos

22 de xan. de 2020

NOVIDADES XANEIRO

Xa están dispoñibles as novidades de xaneiro para préstamos. Que mellor plan para esta fin de semana de frío que un bo libro e unha mantiña? Non esperes moito que xa sabes que as novidades VOAAAAAN!!!!!!







7 de dec. de 2019

NOVIDADES DECEMBRO

Un mes máis xa están dispoñibles as novidades de decembro para préstamos!! 
Este ano estamos ampliando tamén o noso catálogo de pelis para que poidades ver en familia e pasar un ratiño todos xuntos nestas tardes de frío!!
E xa sabedes... correde que voan! 
Podes deixarnos un comentario e opinar sobre estas novidades ou suxestións para mercar. Encántanos que opinedes e expresedes os vosos gustos!! Anímate a comentar aquí abaixo!!



14 de out. de 2019

NOVIDADES

Vaites!! Está a chover un montón... sorte que a próxima semana Bibliopepiño abre as súas portas... perfecto para abastecerse de libros antes da chegada do frío... 
Este ano temos un montón de novidades... para ir quentando motores, deixamos unha selección de pelis que poderedes atopar este ano!
Un plan perfecto para unha tarde chuviosa de outono !! E por suposto, en familia!!
Estade atentos porque xa sabdes..... VOAAAAN!!!!






8 de feb. de 2019

NOVIDADES

Vaites! que frío está a facer este inverno... temos o corpiño teso, pero as gañas de ler resístense ao frío... asique comezamos esta finde con moitas novidades xa dispoñibles para préstamo! Lendo ao carón dun bo lume sempre se está ben, ou non rapaces? Correde que voan...




12 de dec. de 2018

Novidades decmbro

NOVIDADES DECEMBRO

    Xa tes plan para pasar estas tardes tan frías?? En  caso de que non teñas, Pepiño ten  novidades estupendas! Bule que voan!


28 de nov. de 2018

NOVIDADES

NOVIDADES

    Sabíades que temos novos libros de lectura e consulta enBibliopepiño?? Non te esquezas de visitar a zona de Novidades que temos na entrada da biblio. Poderás atopar títulos como:





´   

2 de nov. de 2018

Novidades outubro

NOVIDADES

     Xa están dispoñibles as novidades de outubro para préstamos. "Nube Branca quere ser astronauta", "Isadora moon", "Un beso de mandarina",  "A vaca dixo mua", "Tom goes to school"... e moitas cousiñas máis vos esperan! Correde que voaaaan!!!! 


4 de maio de 2018

Novidades maio

E co mes de maio chegan as últimas novidades deste curso, esperamos que vos gusten!



3 de abr. de 2018

Novidades Abril

Chega o terceiro e derradeiro trimestre deste curso escolar 2017/2018, e con el traemos unha chea de novidades para este mes de abril!

Porque en Abril Libros Mil!!!

Botádelles un ollo, e bulide, que pronto desaparecen!!!!






2 de mar. de 2018

Just arrived

De novo, como cada mes, comezamos con novas adquisicións na biblio, neste caso traémosvos a mostra de Marzo do Just Arrived!





6 de feb. de 2018

Novidades de febreiro

Estas son algunhas das novidades que acaban de chegar para este mes de febreiro. BULIDE!!



26 de xan. de 2018

Just arrived!

Temos unha gran noticia, estreamos sección na biblio!
A partir de agora ademáis das novidades mensuais temos o rincón "Just arrived", no que colocaremos as novidades do mes en inglés.
Recordade que varios dos contos teñen storytelling no noso blog; ademáis, poderedes acceder a eles de forma moi sinxela cos QR que levan os libros na portada.
Esperemos que esta boa nova vos faga tanta ilusión coma a nós!






10 de xan. de 2018

Novidades de Xaneiro

As novidades do mes de Xaneiro xa están á vosa disposición!!!
Que aínda non te enteraches???
Hai cousiñas moi interesantes...



Bule que escapan!!!

11 de dec. de 2017

Novidades do mes de Decembro

E como xa é tradición aquí vos deixamos os títulos que seleccionamos para as nosas novidades do mes de Decembro. 



Correde a por elas que escapan!!!

10 de maio de 2017

Novidades do mes de maio

E co mes de maio chegan as últimas novidades deste curso, pero non por iso menos importantes. 


Esperamos que sexan do voso gusto!!!





A partir do venres 12 están en préstamo na nosa biblioteca.

23 de abr. de 2017

Abril mes dos libros

Estas son as novidades que temos preparadas este mes de abril.


Un mes cargadillo de actividades para pasalo moi moi ben entrelibros!!!



Aínda queda algún dispoñible para préstamo, pasate canto antes a por el!!!


21 de mar. de 2017

Un becho estraño

Hoxe en BiblioPepiño non tivemos Contos do Mundo... 


Pero tivemos unha visita moiiiii estraña.



Lembrades que os axudantes da biblioteca estaban facendo cousas moi raras con papeis de periódico?






















Pois hoxe saímos de dúbidas e presentáronlle aos alumnos/as de educación infantil, un novo libro que a partir de mañá estará na biblioteca.



Imos ver o que fixeron:






Aos pequerrechos do cole encantoulles porque ó final eles tamén contaron o conto!!!


Esperemos que estes axudantes continúen facendo cousas así de divertidas!!!