Amosando publicacións coa etiqueta P.D.I. Vive o Camiño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta P.D.I. Vive o Camiño. Amosar todas as publicacións

18 de xuño de 2019

Excursión a Santiago

Rematamos A PDI  VIVE O CAMIÑO como todos os peregrinos, visitando Santiago.

Todos os alumnos de primaria, a primeira hora da mañá, saímos en tres autobuses cara o noso destino. Estábamos algo  moi contentos e algo inquedos por chegar.
Xa alí, puidemos desfrutar da  Praza do Obradoiro, da Praza da Inmaculada, de Platerías e da Quintana. A entrada a catedral, foi un pouco desilusionante porque estaba en obras e case non puidemos ver nada. Tamén visitamos o Museo do Pobo Galego, o Museo de Historia  Natural.



Paramos  no parque de Vistalegre para repor forzas, que fame tiñamos!!  E ao rematar xogamos un chisco.



Retomamos as visitas e dirixímonos a parte vella,  as mestras tíñannos un xogo  de monumentos preparado, foi moi divertido!

 
Case era hora de volver cando nos diriximos, paseando polas rúas máis emblemáticas da cidade, a Alameda, onde estivemos coas MARÍA, e coñecemos a súa historia. Contemplamos a Catedral desde este ángulo e pareceunos  espectacular.


Coma en todas as excursións, paramos a tomar uns xeados e xogar. E… hora da merenda, antes de coller os buses do regreso a casa.



Foi unha xornada moi enriquecedora e especial!!!

 Rematamos cansados pero moi contentos! 


15 de nov. de 2018

P.D.I. Vive o Camiño, lendas

P.D.I. Vive o Camiño

       Da importancia que tivo desde a Idade Media o Camiño Portugués dan fe os múltiples escudos, símbolos e tallas xacobeas que atopa o camiñante tanto na zona norte do país luso -un punto significativo sería Coimbra- como en Galicia, e as lendas e tradicións que balizan a súa traxectoria. Hai escritos populares que, mesmo, sitúan na costa entre Porto e Vigo a orixe do uso da vieira como emblemática xacobea a partir dun episodio protagonizado por un cabaleiro que sae do mar cuberto de cunchas. No caso de Portugal, ademais, o milagre do Apóstolo máis famoso, o do peregrino acusado erroneamente de roubo e enviado á forca e o do galo que resucita e ponse a cantar como proba da súa inocencia, chegou a dar ao país una das súas simboloxías máis coñecidas, a do galo de Barcelos, representada nunha peza de cerámica de vivas cores.
A lenda transcorre nesta histórica localidade do distrito de Braga (no Camiño Francés o escenario é Santo Domingo da Calzada) e céntrase neste caso nun peregrino galego. Segundo a lenda, o camiñante, xa salvado da forca, retornaría anos despois a Barcelos para esculpir o cruceiro do Señor do Galo que se atopa no Museo Arqueolóxico.
    (Se queres saber máis sobre lendas do camiño, non te esquezas de pasarte pola biblio 😊)

14 de nov. de 2018

P.D.I. Vive o Camiño

P.D.I. VIVE O CAMIÑO

         A ruta do camiño portugués pola costa recorre os 280 kilómetros que separan a Oporto de Santiago de Compostela. Ata agora non era unha vía moi frecuentada; a día de hoxe, cada vez son máis as persoas que se animan a facer esta ruta. O camiño pola costa está dividido en 13 etapas.

         Se queres saber cales son, pica nos seguintes enlaces e poderás atopar máis información sobre etapas, vilas, cidades... 



                    
        

8 de nov. de 2018

P.D.I. Vive o Camiño

P.D.I. VIVE O CAMIÑO

    Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais, unha pola costa  e outra polo interior. 
  O acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

             (Se queres saber máis sobre estas cidades e pobos que aparecen no texto, só tes que picar nas palabras destacadas e irás directamente a unha páxina web de información)

     
Aquí podes ver un mapa do Camiño de Santiago pola costa:


P.D.I. Vive o Camiño

P.D.I. VIVE O CAMIÑO

         Este ano o noso proxecto trata sobre o Camiño de Santiago pola costa. Todo o cole estamos a facer actividades sobre este tema.

      O título de "VIVE O CAMIÑO" foi pensado polos nosos axudantes, que con moito gusto escolleron esta frase tan fermosa.