17 de out. de 2012

AQUÍ ESTÁ O OUTONO

Aquí vos deixo este LIM,xa sabedes eses libriños cheiños de actividades para que repasedes cousiñas do outono. Grazas ás autoras por facer e compartir! CLICADE NO TÍTULO QUE VOS GUSTARÁ!!!!

                          O OUTONO

 A nosa compañeira Ana Martinez, tamén nos acerca a esta época do ano con este Lim tan ben feitiño coma nos ten acostumados.CLICA NO TÍTULO!!!!!

                        ESTAMOS EN OUTONO

14 de out. de 2012

COLABORAN AS FAMILIAS

Comenzando o mes de outubro, e, para celebrar que adicamos este mes ás Bibliotecas Escolares, invitamos ás nosas familias a encher as corcheiras da entrada de CITAS LECTORAS, famosas ou ideadas por eles, reflexionando en familia o que significa a lectura e os libros.

A experiencia doutros cursos dicíanos que a colaboración ía ser moita e moi variada e así está sendo. Mediado outubro imos mostrando o que está chegando, traballos estupendos!  cheos de imaxinación e creatividade que esperamos que motiven ós que faltan por chegar. 














Coma sempre...moi agradecidos por estas colaboracións, sabemos que contamos cunhas familias estupendas!



10 de out. de 2012

IMOS COÑECER UN POUCO MÁIS O NOSO POBO

Este curso, a Biblioteca Escolar, impulsa con ilusión un novo proxecto, complementando o que fixemos hai dous cursos sobre o castro de Santa Trega.

Agora, baixamos do monte cara o pobo e, entre tod@s, imos intentar coñecelo un pouco máis, por iso o titulamos: COÑECE O TEU POBO.

Coma na outra ocasión foi JAVIER CRESPO, profesor de Historia no IES A Sangriña e concelleiro de Patrimonio do concello da Guarda, o que nos fixo ós mestres e mestras un percorrido polo patrimonio do noso pobo  por medio desta
fermosa presentación
(PLAY-MORE-FULLSCREEN PARA VELO EN GRANDE)



Resultou sumamente interesante polo que lle damos as grazas e agora toca elexir o tema que mellor se adapte a cada aula participante e...MANS Á OBRA! 


SEGUIREMOS INFORMANDO!!!

4 de out. de 2012

AXUDANTES DA BIBLIOTECA NESTE CURSO

O vindeiro luns 8 de outubro...por fin!! poremos en marcha a Biblioteca escolar que estará xa preparadísima para:

  • Ir cos prof@s en busca de libros ou informacións.
  • Vir no recreo a ler ou a outras sorpresiñas que vos temos    preparadas...


Para axudar nas tarefas do recreo xa hai dous cursos que contamos cos nenos máis maiores, aínda que este curso son moitos, moitos, tantos que...son a clase enteira de 6º!!!!

CLICA ENCIMA PARA VELOS GRANDES!


Aquí os tedes ben colocadiños e formais dispostos para a súa labor. Ademáis de axudarvos cos libros, de cando en vez...farán de CONTACONTOS para vós!!!!!!!!!!! Cando así sexa, anunciarémolo para que poidades vir a ver o ben que o que fan.

MILES DE GRAZAS RAPACES!!!!!!!!!

2 de out. de 2012

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa chegou outubro declarado MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para empezar, a profe MARTA e a profe ANA (de apoio) tiveron unha xenial idea para ambientar a zona de exposicións. Unhas cousas levaron a outras, fomos incorporando novas ideas e...

                                 VELAQUÍ ESTÁ!!!!!!!!!!

Aquí queda en imaxes o fermoso e outonal que quedou o recuncho.
                     (clicade encima para velas grandes)


AS LETRAS BAIXAN POLA PLANTA...QUE PON?

                         FOLLAS, PÓLAS DE CARBALLO, UNHA GRANADA...

















UNHA CESTIÑA Ó SEU LADO ...OUTONAL!



Pero, non botades  en falta a alguén? Claro...PEPIÑO!!!
Non vos preocupedes porque con tanta cousa, tivo que cambiar de sitio. Aínda así está...cerca, moi cerca...


Ó longo do mes serán varias as actividades que faremos...
ESTADE ATENTOS, SEGUIREMOS INFORMANDO!!!!

19 de set. de 2012

VIAXE VIRTUAL POLO MUNDO



Clica neste enlace  MARABILLAS DO MUNDO  e poderás ....viaxar! iso si virtualmente a moitos lugares marabillosos do mundo enteiro. Moitas grazas a   BIBLIOTICS que sempre están compartindo o que descubren.

A QUE ESPERAS? ENCANTARACHE!!!!!!!!!!!!!!

11 de set. de 2012

 Ola a tod@s!!! Remataron as vacacións! Empeza un novo curso e...a Biblioteca empeza a funcionar. Moitas son as cousas que vos temos preparadas, pouco a pouco irémolas descubrindo.



Para empezar e como vedes na foto, no lugar habitual de exposicións, tedes libriños relacionados coa escola.
PARA TOD@S UN BO E PROVEITOSO CURSO!!!!!!!!!!!!