10 de out. de 2012

IMOS COÑECER UN POUCO MÁIS O NOSO POBO

Este curso, a Biblioteca Escolar, impulsa con ilusión un novo proxecto, complementando o que fixemos hai dous cursos sobre o castro de Santa Trega.

Agora, baixamos do monte cara o pobo e, entre tod@s, imos intentar coñecelo un pouco máis, por iso o titulamos: COÑECE O TEU POBO.

Coma na outra ocasión foi JAVIER CRESPO, profesor de Historia no IES A Sangriña e concelleiro de Patrimonio do concello da Guarda, o que nos fixo ós mestres e mestras un percorrido polo patrimonio do noso pobo  por medio desta
fermosa presentación
(PLAY-MORE-FULLSCREEN PARA VELO EN GRANDE)



Resultou sumamente interesante polo que lle damos as grazas e agora toca elexir o tema que mellor se adapte a cada aula participante e...MANS Á OBRA! 


SEGUIREMOS INFORMANDO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario