14 de out. de 2012

COLABORAN AS FAMILIAS

Comenzando o mes de outubro, e, para celebrar que adicamos este mes ás Bibliotecas Escolares, invitamos ás nosas familias a encher as corcheiras da entrada de CITAS LECTORAS, famosas ou ideadas por eles, reflexionando en familia o que significa a lectura e os libros.

A experiencia doutros cursos dicíanos que a colaboración ía ser moita e moi variada e así está sendo. Mediado outubro imos mostrando o que está chegando, traballos estupendos!  cheos de imaxinación e creatividade que esperamos que motiven ós que faltan por chegar. 














Coma sempre...moi agradecidos por estas colaboracións, sabemos que contamos cunhas familias estupendas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario