14 de mar. de 2023

CINE EN BIBLIOPEPIÑO

Ola rapazada!

Este trimestre tamén queremos celebrar a nosa semana de cine. 

Comezaremos mañá e estas serán as películas que proxectaremos.


Como vedes están divididas en franxas de idade.

Todas as películas serán proxectadas na nosa biblioteca ás 15:30, cunha duración aproximada de hora e media.

O mércores día 15 comezaremos cos pequechiñxs da escola. 

Poderedes ver a película de MASCOTAS 2. 

Para facelo teredes que traer a vosa entrada e vir acompañadxs dun adulto.


O xoves será a quenda do alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria. Igual que os peques, teredes que estar na biblioteca coa vosa entrada ás 15:30.


E remataremos a semana do cine cos maiores da escola.

O alumnado de cuarto, quinto e sexto, poderedes disfrutar dunha marabillosa película de animación: SOUL.

Lembrade traer a vosa entrada.


A entrada levarase a cabo por orde de chegada e ata completar aforo.


Vémonos en BiblioPepiño!


Ningún comentario:

Publicar un comentario