Rematamos o mes de febreiro, mes da nena e a muller na ciencia unha chea de experimentos de xeo seco.
Esta vez da man de Rosa Lomba, científica e investigadora da universidade de Vigo.
Pero que non sabedes que é o xeo seco?
É dióxido de carbono en estado sólido.
Fixemos un monte de experimentos moi divertidos!
Gustounos moito hinchar un globo e facer pompas de xabrón sen soprar, só usando o xeo seco.
Tamén conxelamos unhas flores en menos dun minuto e logo para comprobalo rompémolas cun martelo pequeniño. E, por último, gustounos moito tamén poder facer unha nube con xeo seco e auga e unha escuma engadíndolle xabrón a esta mestura.
Pasamolo moi ben a aprendemos moito con esta experiencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario