20 de abr. de 2022

PEPIÑO MUDA A PLUMAXE

Como tod@s sabedes Pepiño é a mascota da nosa biblioteca.

Pepiño é un moucho que se pasea pola escola cando marchamos, encárgase de vixiar as vosas lecturas e de curiosear en todos os vosos traballos, ás veces propón retos que debemos superar para axudalo, e outras veces recoméndanos novas lecturas.

Pepiño naceu no curso 2008-2009 creado por Alicia Pereira, gañadora dun concurso convocado para todo o alumnado, para a creación da mascota da biblioteca. Co paso dos anos foi modernizándose, pasou do papel a figura. Este ano mudou novamente a plumaxe, despois de case 10 anos dende a súa última remodelación.

O encargado de este cambio foi Fernando Coello, actual presidente da ANPA e pai dunha alumna do noso centro. É toda unha honra poder contar coa súa colaboración para a remuda da plumaxe da nosa mascota. Creemos que conseguiu darlle un toque actual e entrañable, e que perdurará durante moitos anos na nosa biblioteca. Graciñas Fernando!

Tras a votación realizada por tod@s vós, entre os catro mouchos participantes, a imaxe actual de Pepiño será...




Ningún comentario:

Publicar un comentario