11 de nov. de 2019

P.D.I. Salvemos o planeta

Esta semana estamos a levar a cabo unha actividade moi interesante. Aprendemos a reciclar o noso papel.
Para facelo estivemos sobre un mes xuntando papel e rompéndoo en anaquiños para poder trituralo no proceso de reciclaxe.
Despois de todo este traballiño, deixámolo en auga toda a fin de semana.
Para levar a cabo proceso de reciclaxe, contamos coa axuda de Moncho  . Aprendemos unha morea de cousas con el. E puidemos comprobar o complicado e costoso que é reciclar papel. 
Moncho preparando o papel sobre o                                                  bastidor.

  Agora a secar...              





31 de out. de 2019

P.D.I. Salvemos o planeta

COSTELAS.....

            CRÁNEO......

                         RADIO....

 Isto de ter que aprender os osos é un pouco duro... pero facendo esqueletos tan chulos e divertidos coma o que fixeron os alumnos de 2º de Primaria seguro que se leva un pouquiño mellor!!!

E como non.... feito con materiais de refugallo!!!

SAMAÍN

Este ano a decoración de Samaín quedou preciosa!!!E moi terroríííííífica!!!!
Vaia cabazas máis bonitas que fixeron os peques de 5 anos!!!
Empregaaron cartón e moito agarimo para que quedaran tan chulas!



P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Vaites!! A cantidade de manualidades que se poden facer reutilizando os materiais de refugallo... Soamente necesitamos a nosa imaxinación... 
E iso, os nosos alumnos o saben moi ben!! Son uns artistas de verdade!A de cousiñas que están a facer...

Queremos ensinarvos o bosque de outono que fixeron os nosos nenos de 1ºA! É unha pasada! E fixeron todo reutilizando materiais como papel, cartón, envases... e ata foron en busca de follas secas!!!



27 de out. de 2019

APADRIÑAMENTOS LECTORES

O venres pasado, como broche para as nosas actividades polo día internacional da biblioteca, aproveitamos o bo tempo que tivemos e saímos ao patio a facer unha lectura colectiva de padriños e afillados. 




 A temperatura era estupenda e incitaba a saír ao patio a disfrutar deste precioso día.

 Os afillados quedaron encantados cos contiños que lles leron os seu padriños. Como testemuñas temos unhas cuantas fotos que seguro vos van encantar
Sempre é agradable que nos conten contos ao aire libre... así tamén disfrutamos de actividades diferentes!  
  

Encántanos ver aos nenos lendo con tanta ledicia.
A vós non??? 







E que nos saquen fotos cos nosos padriños tamén nos encanta!!



 

 Os padriños están encantados do atentos que estaban os seus afillados!

P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Estamos a aprender moito sobre os problemas do noso planeta!
Unha das cousas que nos debería preocupar moito e o estado dos nosos océanos e mares... As grandes cantidades de lixo que cada ano botamos ao mar son as culpables da gran contaminación que están a ter as nosas augas.
Aínda que sen dúbida os máis perxudicados son os seres vivos que habitan en medios acuáticos.
Aparte da contaminación, a SOBREPESCA (fai clik para máis información) é outro dos problemas que causan moito dano tanto ao mar como as especies das que se abusa.
Os alumnos de 5 anos están moi mergullados neste tema e presentannos o traballo que forono facendo estes días. 
Que vos parece? Nós creemos que é moi interesante e que están a facer un gran traballo! Un aplauso por esta clase tan traballadora!👍👍👍










FOTOS APADRIÑAMENTOS LECTORES


Encántanos ese momento no que os padriños e os afillados se reencontran ou, nalgúns casos, se coñecen por primeira vez!!
Son momentos cheos de ilusión!!! Gústanos moito ler entre todos e poder compartir uns momentos entre libros xuntos!!
Mirade as fotos que fixemos estos días para celebrar a apertura de Bibliopepiño e o regreso dos apadriñamentos lectores!!Buscade a vosa foto no video. Gústanvos? 
Canto amor derrochan estas fotiños!!😍😍😍