Estamos a aprender moito sobre os problemas do noso planeta!
Unha das cousas que nos debería preocupar moito e o estado dos nosos océanos e mares... As grandes cantidades de lixo que cada ano botamos ao mar son as culpables da gran contaminación que están a ter as nosas augas.
Aínda que sen dúbida os máis perxudicados son os seres vivos que habitan en medios acuáticos.
Aparte da contaminación, a SOBREPESCA (fai clik para máis información) é outro dos problemas que causan moito dano tanto ao mar como as especies das que se abusa.
Os alumnos de 5 anos están moi mergullados neste tema e presentannos o traballo que forono facendo estes días.
Que vos parece? Nós creemos que é moi interesante e que están a facer un gran traballo! Un aplauso por esta clase tan traballadora!👍👍👍
Ningún comentario:
Publicar un comentario