2 de nov. de 2018

APADRiÑAMENTOS LECTORES

APADRIÑAMENTOS LECTORES

      Esta semana os alumnos de 4º de Educación primaria estivemos facendo un marco para as fotos cos nosos afillados de 4 anos de Educación Infantil. Foi unha experiencia moi divertida e creativa!

APADRiÑAMENTOS LECTORES

APADRiÑAMENTOS LECTORES

    Este ano voltamos cos apadriñamentos lectores. Para celebralo fixemos unha sesión de fotos entre sorrisos e moitos agarimos!!
    Aquí vos deixamos as primeiras fotos!! Non te perdas as vindeiras!



Novidades outubro

NOVIDADES

     Xa están dispoñibles as novidades de outubro para préstamos. "Nube Branca quere ser astronauta", "Isadora moon", "Un beso de mandarina",  "A vaca dixo mua", "Tom goes to school"... e moitas cousiñas máis vos esperan! Correde que voaaaan!!!! 


31 de out. de 2018

NA PROCURA DO TESOURO DE SAMAÍN

NA PROCURA DO TESOURO DE SAMAÍN



        Esta semana co motivo do Samaín os alumnos de infantil estivemos a buscar un tesouro, e Pepiño tiña un para nós na biblio! 
     Que ben o pasamos! Foi xenial seguir as pistas coa tableta da profe! 




MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS


        Sempre é unha emoción ver qué conteñen as nosas mochilas viaxeiras! É un momento de ilusión que compartimos na biblio cos nosos compañeiros! 








28 de out. de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS!


        Este venres fixemos a entrega das nosas mochilas viaxeiras! Un momento que compartimos cos nosos compañeiros e mestres! 
      Foi moi emocionante ver qué tiñan dentro as mochilas... Libros, receitarios, pelis... Un montón de cousas que disfrutar en familia!


       

       

24 de out. de 2018

Apertura 2018-2019

Por fin!! 


 Bibliopepiño volta con nós outro ano máis!! Que espera máis longa... E despois dun fermoso e relaxado verán, que mellor que un bo libro??? 


       Xa sabes que estamos abertos nos recreos e os luns, mércores, xoves e venres de 15:30 a 17:30, e sempre que precisedes estamos dispostos a axudar no que faga falta!!

    Non te perdas as próximas novidades que temos que contar! Esta semana está a ser moi emocionante xa que voltamos a ver aos nosos padriños e afillados.. Menudas fotos estamos sacando! O venres vos ensinamos todas as fotos! Asique esperamos a vosa visita!