24 de out. de 2019

DIA DAS BIBLIOTECAS 2019

Hoxe celebramos o noso día, o Día das Bibliotecas!!!
E... que mellor que celebralo cun vídeo feito polos nosos nenos??

Este ano, os alumnos de 2º de Educación Primaria fixeron un vídeo marabilloso. Nel contan todas as cousas que podemos atopar en Bibliopepeiño!! E, por suposto, convidanvos a todos a visitar un mundo cheo de soños... un mundo no que todo é posible! O MUNDO MÁXICO DOS LIBROS!!!Atrévete a soñar, imaxinar, sentir, vivir outras vidas... 

Como din os nosos nenos... NON ESPERES MÁIS!!!!

VENTE Á BIBLIO XA!!



Son uns auténticos actores! Esperamos que vos guste! Cámaraaaas e.... ACCIÓN!!!!!

22 de out. de 2019

P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Os alumnos de 4 anos estamos moi mergullados no tema da reciclaxe! Estivemos a preparar a decoración de Samaín para a nosa clase. Para elo empregamos materiais de refugallo. Unha capiña de pintura e..... LISTO!!

Vaites! Qué medo dan os nosos vampis!!!!!😱😱






21 de out. de 2019

Orixe do día da biblioteca escolar


ORIXE DO DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Dende o ano 1997, o 24 de Outubro foi escolleito coma o Día da Biblioteca. A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública, a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores e lectoras de todas as idades coa cultura, e tamén como unha ferramenta de mellora da formación e a convivencia humana.

Con elo, preténdese educadar a nen@s e maiores sobre os valores da lectura e cultura que se pode atopar nunha biblioteca e salientar a labor das bibliotecas como centros de integración e socialización que demostran decote que os libros están ao alcance de todas as persoas que teñan a vontade de se mergullar nas súas páxinas.

Fonte: libreriaolacacia.com

APERTURA 2019

POR FIIIN!!! Bibliopepiño abre a súas portas un ano máis!!
Temos un montón de novidades!!! 
Este ano remodelamos a nosa biblioteca! Creamos un novo recunchiño para os máis peques!Alí encontraredes as seccións de prelectores e primeros lectores Novas zonas de investigación... Non o perdas e ven ollar!! 
Non esquezades o noso horario:

  • RECREOS : 11:05-11:35
  • LUNS,MÉRCORES,XOVES E VENRES DE 15:30 a 17:30


16 de out. de 2019

P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Esto de reciclar é unha tarefa un pouco complicada.. Pero este ano estamos a aprender un montón de cousas. 
Ás veces cruzámonos con palabriñas un pouco descoñecidas para nós..
Para profundizar un pouquiño e solventar dúbidas, aquí tendes un enlace á "RECICLAPEDIA" de ECOEMBES.

RECICLAPEDIA   ←←←←


Non esquezades que Bibliopepiño abre o luns 21!!! Ide preparando as mochis para enchelas de libriños e moitas moitas novidadessss!!!!

14 de out. de 2019

P.D.I. SALVEMOS O PLANETA

Para axudar un pouquiño ao noso planeta, este ano en Bibliopepiño decidimos sacar a nosa ECOPATRULLA!!  
A verdade é que temos aínda moito que facer para rematar de concienciarnos para crear residuos 0 na hora do recreo... Pero a ecopatrulla está a facer unha labor moi importante! 
Todos os venres collen o seu carriño e... MANS Á OBRA!
Recollemos moitos envases de zumes e envoltorios de merendas como fim, papel de aluminio... 
Entre todos chegaremos a ser un cole con residuos 0!




 

NOVIDADES

Vaites!! Está a chover un montón... sorte que a próxima semana Bibliopepiño abre as súas portas... perfecto para abastecerse de libros antes da chegada do frío... 
Este ano temos un montón de novidades... para ir quentando motores, deixamos unha selección de pelis que poderedes atopar este ano!
Un plan perfecto para unha tarde chuviosa de outono !! E por suposto, en familia!!
Estade atentos porque xa sabdes..... VOAAAAN!!!!