Os alumnos de 1ºA e de 6º fixemos un mural de outono entre todos para decorar o cole.
Como é tan importante reciclar e reutilizar, o material que empregamos foi na súa maioría reciclado.
Saímos ao monte e recollemos piñas, follas secas... e dímoslle unha nova vida.
Con material de refugallo que ía sobrando nas nosas casas fixemos os mouchiños.
9 de out. de 2019
7 de out. de 2019
MARCHA VERDE POLO MEDIOAMBIENTE
Este venres fixemos unha MARCHA VERDE para defender e promover o coidado do medioambiente.
Fixemos as nosas pancartas con material 100% reciclado.
Foi unha experiencia que compartimos cos coles da comarca.
Xuntos plantamos unha landra nun zapato vello (reutilización).
Deixamos por aquí unhas fotos deste día de convivencia tan estupendo!
TÍTULO DO P.D.I.
"SALVEMOS O PLANETA"
Este ano dende Bibliopepiño propuxemos o tema do coidado do medio ambiente.Como todos sabemos, o noso planeta está a sufrir a súa peor época ecolóxica. Contaminación, deforestación, ... son problemas que nos afectan e dos que nós somos responsables.
Entre todos, se nos esforzamos, podemos facer deste mundo un lugar mellor.
O título deste PDI que levaremos a cabo este curso, decidírono democráticamente os nosos alumnos.
Para realizar as votacións, eles mesmos pensaron en posibles títulos para o noso proxecto.
Por último, seleccionamos as mellores propostas e logo votamos.
O título gañador foi o seguinte:
2 de out. de 2019
APERTURA BIBLIOPEPIÑO
Rapazadaaa!!!
Despois dun verán cargado de aventuras i emocións voltamos con moitas gañas de ler.
Este ano, Bibliopepiño ven cargadiña de moitas novas! Como adianto dicirvos que Bibliopepiño estivo de reformas para facer da nosa biblio un espazo aínda máis marabilloso! Estade atentos ás novidades!
18 de xuño de 2019
Excursión a Santiago
Rematamos A PDI VIVE O CAMIÑO como todos os peregrinos,
visitando Santiago.
Xa alí, puidemos
desfrutar da Praza do Obradoiro, da
Praza da Inmaculada, de Platerías e da Quintana. A entrada a catedral, foi un
pouco desilusionante porque estaba en obras e case non puidemos ver nada. Tamén
visitamos o Museo do Pobo Galego, o Museo de Historia Natural.
Paramos no parque de Vistalegre para repor forzas, que
fame tiñamos!! E ao rematar xogamos un
chisco.
Retomamos as
visitas e dirixímonos a parte vella, as mestras
tíñannos un xogo de monumentos preparado,
foi moi divertido!
Case era hora de
volver cando nos diriximos, paseando polas rúas máis emblemáticas da cidade, a
Alameda, onde estivemos coas MARÍA, e coñecemos a súa historia. Contemplamos a
Catedral desde este ángulo e pareceunos
espectacular.
Coma en todas as
excursións, paramos a tomar uns xeados e xogar. E… hora da merenda, antes de
coller os buses do regreso a casa.
Foi unha xornada
moi enriquecedora e especial!!!
Rematamos cansados pero moi contentos!
25 de abr. de 2019
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
4 de abr. de 2019
Hoxe estivo Ledicia Costas na Biblio!!!!
No que vai de curso estivemos lendo varios libros de Ledicia Costas. Todos eles engancháronos case desde a primeira páxina. Ese mundo tenebroso dos defuntos, do máis alá, a cociña, as receitas, as aventuras, a intriga e o xeito de contárnolo foinos engaiolándonos pouco a pouco.
Fai unhas semanas, soubemos que ía achegarse ao cole para estar connosco e contarnos como escribe e algunha das cousiñas que tanto nos gusta descubrir.
Así que decidimos facerlle un mural para dicirlle canto nos gustan os seus libros.
E llegou o día!
Hoxe, hoxe achegouse á biblioteca do cole,
e recibímola como se debe, con moita delicia !
A ela encantoulle!!!!
Xa na biblioteca comezou a
charla.
Tamén nos confesou que se
divirte escribindo sobre todo o relacionado cos cemiterios,os defuntos, a santa
compaña… e nese intre foi cando os nosos compañeros de 6ºA sorprenderona co
seu mural, que por certo, encantoulle.
Deunos algún que outro consello: Ler moito e desfrutar coa lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










