No que vai de curso estivemos lendo varios libros de Ledicia Costas. Todos eles engancháronos case desde a primeira páxina. Ese mundo tenebroso dos defuntos, do máis alá, a cociña, as receitas, as aventuras, a intriga e o xeito de contárnolo foinos engaiolándonos pouco a pouco.
Fai unhas semanas, soubemos que ía achegarse ao cole para estar connosco e contarnos como escribe e algunha das cousiñas que tanto nos gusta descubrir.
Así que decidimos facerlle un mural para dicirlle canto nos gustan os seus libros.
E llegou o día!
Hoxe, hoxe achegouse á biblioteca do cole,
e recibímola como se debe, con moita delicia !
A ela encantoulle!!!!
Xa na biblioteca comezou a
charla.
Contounos unha morea de anécdotas sobre os seus libros, que parte dos
seus libros veñen das súas vivencias de pequena…
Tamén nos confesou que se
divirte escribindo sobre todo o relacionado cos cemiterios,os defuntos, a santa
compaña… e nese intre foi cando os nosos compañeros de 6ºA sorprenderona co
seu mural, que por certo, encantoulle.
Deunos algún que outro consello: Ler moito e desfrutar coa lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario