11 de abr. de 2016

Vamos a ler?

Hoxe , unha vez máis,  queremos animarvos a seguir lendo.
Por que?
Le con moita atención o seguinte texto e seguriño que vas a descubrilo.
Algunha vez parácheste a pensar que fácil é para ti poder ter un libro nas túas mans e como moitas veces deixas pasar a oportunidade de desfrutalo?

Algunha vez pensaches cantas persoas desexarían ter a mesma  oportunidade ca ti e non poden facelo? 
Ler, moitas veces, depende da facilidade que teñamos de poder acceder aos libros.


¿ Cantas persoas no mundo cres que teñen o mesmo privilexio ca ti?
 Moitas menos das que ti pensas.

 Mira que idea tivo o mestre Luis Humberto Soriano para achegarse aos poboados afastados onde non é fácil acceder a un libro.



Por que non usas o teu privilexio e ves a ler?
Esperámoste!!!

8 de abr. de 2016

Enriqueta e o seu universo de libros

Esta é Enriqueta. É unha gran lectora como Mafalda, Matilda ou coma ti. 
Encántalle visitar a biblioteca!




Todos os nenos, nenas, mozos, mozas, homes e mulleres precisamos o noso tempo para a lectura e sumerxirnos no mundo da fantasía, da aventura, do teatro, do cómic... 



De entre todas as viñetas de Enriqueta e o seu gato Fellini, seleccionamos estas con diferentes posturas dependendo do libro que está lendo.



As tiras cómicas preséntannos un mundo infantil que mezcla a realidade co mundo imaxinario.


 Seguro que ti tamén tes unha postura  favorita para ler!
Parécese a algunha destas?




Propómosvos a primeira das actividades para celebrar o Día do Libro. Un concurso: Debuxa a túa postura favorita para ler !!!!




Cando  teñas o debuxo,  pásate pola biblio e  colocarémola nun lugar especial!!!

  
Anímate a participar,
 algunha sorpresa te vas levar!!! 


O prazo de entrega remata o próximo martes, día 19.
Estade pendendes dos carteis coas bases de participación!


5 de abr. de 2016

Imaxina con libros

Moi pronto vai ser o Día do Libro, unha das efemérides máis importante do curso.
Todos sabemos que a  lectura de libros nos  invita a imaxinar.

Cada libro lévanos a descubrir novos e fantásticos mundos que nós recreamos e reinventamos.

lustracción de Nidhi Chanani
Por iso estamos preparando diversas actividades para celebrar o Día do Libro e  darlle a importancia que se merece.

Estade atentos! 





4 de abr. de 2016

100 anos con Roald Dahl

Estes días queremos homenaxear a un escritor, que moitos coñecedes grazas as súas marabillosas obras.Este ano cúmprense 100 anos do seu nacemento.

Trátase nada máis nin nada menos que de ROALD DAHL!

Naceu en Gales. Aos catro anos perdeu a seu pai e aos sete anos comeza o cole.
Traballou en África, foi piloto durante a segunda guerra mundial, onde foi derrubado en combate, despois de recuperarse marcha a Washinton, onde comeza a escribir as súas aventuras de guerra. 
A súa entrada no mundo da literatura infantil ven dada polos contos que lles narraba aos seus catro fillos.

A súa bibliografía é moi extensa, Entre as súas obras máis destacadas, e que seguro algunhas delas xa as coñecedes, están:
Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, Matilda, Charlie e o grande ascensor de cristal, Contos en versos para nenos perversos...

Na biblioteca preparamos un recuncho adicado a el. Alí podes atopar algunhas das súas obras.


Pásate pola biblioteca! Esperámosche!



3 de abr. de 2016

Novidades do mes de abril

E como ven sendo habitual, este mes seguimos mercando libros!

Este mes temos outra nova colección  que estabades pedindo:

O DIARIO DE NIKKI!!!
Novos títulos das coleccións:      El capitán Calzoncillos
                                                     Futbolísimos
                                                     El reino de la fantasía
                                                     Biografías

E outros libros que van ser moi interesantes, especiais, entretidos, divertidos e algún con música.


Quedan todos expostos no recuncho das novidades, e par que todos lles poidades botar unha ollada, non se poderán levar en préstamo hasta o vindeiro día 11


2 de abr. de 2016

Día Internacional do Libro Infantil


Por que se celebra?

Por que o día 2 de abril, coincide coa data de nacemento de Hans Chistian Andersen

E quen é?

Hans Chistian Andersen foi un escritor e poeta danés, famoso polos seus contos para nenos, entre eles A Sereíña e o Parrulo feo. 

Naceu o día 2 de abril de 1805 en Odense, Dinamarca. A súa familia era tan pobre que en ocasións tivo que durmir debaixo dunha ponte e mendigar. Era fillos dun zapateiro de 22 anos instruído pero enfermizo, e dunha lavandeira . 


Desde moi neno Hans Chistian amosou unha gan imaxinación. En 1816 morre o seu pai e Andersen ten que deixar de ir a escola; dedicouse a ler todos os libros que podía conseguir, entre elas a de Wiliam Shakespeare.

Andersen  viaxou moito, dicía" viaxar é vivir"


En 1838  Hans Chistian Andersen xa era un escritor coñecido. A fama dos seus contos de fadas  foi medrando. 
Entre os seus máis famosos contos atópanse: "O traxe novo do emperador", "O Parrulo feo", " A raíña das neves", " As zapatillas vermellas", O soldadiño de chumbo", A sereiña", " A princesa e o chícharo" entre outros moitos. 

As súas obras foron traducidas a máis de oitenta idiomas e adaptados a obras de teatro, películas, debuxos animados, xogos en CD e obras de escultura e pintura.

Hans Chistian  a partires de 1858, comezou a  narrar , coa súa propia voz, os contos  e  deste xeito aínda se fixo máis famoso.





Se queredes coñecelo mellor non deixedes de ver esta animación!



Queres colorear un dos seus contos?  Pincha na imaxe e listo! 



Vídeo contos!!!






Para saber máis LIM: Coñecendo a Andersen




1 de abr. de 2016

Xa temos un Kamishibay na biblio!!!

O Equipo da biblioteca acaba de mercar un Kamishibay para o cole!!!

Queriámolo estrear xa!

Decidimos facelo o pasado venres na biblioteca,  na hora de ler.

Como o fixemos?

Moi fácil, aproveitando  que os alumnos de 3º de primaria, para celebrar o Día da Poesía, traballaron os poemas do libro O xardín de Irene, de Xosé Neira Vilas, e que ilustraron cada un dos seus poemas,  invitámolos a presentarnos o seu traballo usando  o Kamishibay,  como soporte.

Para esta estrea foron invitados os compañeiros de corredor, os alumnos de primeiro e segundo. 





Estas son as imaxes de todo o proceso!