Por que se celebra?
Por que o día 2 de abril, coincide coa data de nacemento de Hans Chistian Andersen
E quen é?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhuy4zHdkegiGzuNOFvstHn1CO_nbHPCgR_AOTRtRBKwap-pJqAFQOHrDgHLFsj47BJZO5-xjr_CNWA7bfiNM5Qpx3aeOcXhwSd2xnzMUNHm4pKHcm6Mo-a43XME8ooaQuB12XeFBA92nw/s320/hans-chistian-andersen.jpg)
Naceu o día 2 de abril de 1805 en Odense, Dinamarca. A súa familia era tan pobre que en ocasións tivo que durmir debaixo dunha ponte e mendigar. Era fillos dun zapateiro de 22 anos instruído pero enfermizo, e dunha lavandeira .
Desde moi neno Hans Chistian
amosou unha gan imaxinación. En 1816 morre o seu pai e Andersen ten que deixar
de ir a escola; dedicouse a ler todos os libros que podía conseguir, entre elas
a de Wiliam Shakespeare.
Andersen viaxou moito, dicía" viaxar é
vivir"
En 1838 Hans Chistian Andersen xa era un escritor
coñecido. A fama dos seus contos de fadas
foi medrando.
Entre os seus máis famosos contos atópanse: "O traxe
novo do emperador", "O Parrulo feo", " A raíña das
neves", " As zapatillas vermellas", O soldadiño de chumbo",
A sereiña", " A princesa e o chícharo" entre outros moitos.
As súas obras foron
traducidas a máis de oitenta idiomas e adaptados a obras de teatro, películas,
debuxos animados, xogos en CD e obras de escultura e pintura.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiiA-IBfSTcMxa1kIAR-86A1ZihCraWUklOTmQyB9tcxXS369o7tmWZ1yB1LLLVccOLWsZyCDPfnqB0R0v6no-GR9YIxnmzYco0OhNUq5FpcuTMNbXBG9axYGyGPif5TcOdYde4yBCn-PM/s320/andersen.jpg)
Se queredes coñecelo mellor non deixedes de ver esta animación!
Queres colorear un dos seus contos? Pincha na imaxe e listo!
Vídeo contos!!!
Para saber máis LIM: Coñecendo a Andersen
Ningún comentario:
Publicar un comentario