Para conmemorar o Día do libro, que será o próximo 23 de abril, queremos convidarvos a participar nunha actividade moi especial para nos: “As familias contan”.
Esta iniciativa abre as portas do centro ás familias para que poidades vir ás aulas dos vosos fillos e fillas a compartir lecturas, contos, historias ou mesmo pequenas narracións creadas por vós. Trátase dun momento único no que a voz das familias se converte en protagonista, creando unha ponte máxica entre a casa e a escola.
Esta actividade é importante para nos xa que:
- Fortalece os vínculos afectivos
- Esperta a imaxinación e a curiosidade
- Transmite o valor da lectura como pracer compartido
Para participar:
As familias interesadas poderedes vir nun horario acordado co titor/a para ler un conto, unha historia ou calquera texto que vos guste.
Non fai falta ser expertos: abonda con traer ilusión e ganas de compartir.
Desde BiblioPepiño animámosvos a formar parte desta experiencia tan enriquecedora. As vosas historias tamén constrúen lectores e lectoras.
Agardámosvos con moita ilusión!
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario