En Pepiño nas Ondas seguimos descubrindo o apaixonante mundo da arte a través do noso programa FalArte, unha serie de podcast enmarcados dentro do PDI Pinceladas na Sangriña.
Nesta ocasión, o alumnado mergullouse en dous movementos artísticos moi interesantes e cheos de personalidade:O delicado e elegante Rococó, un estilo artístico caracterizado polas formas suaves, a decoración recargada e as cores claras e luminosas.
E o sofisticado Art Decó, un movemento moderno e innovador que destacou polas formas xeométricas, a elegancia e o deseño presente na arquitectura, na pintura e nos obxectos da vida cotiá.
A través destes podcast, o alumnado investigou, aprendeu e compartiu curiosidades, características e artistas destacados de cada estilo, converténdose en auténticos divulgadores de arte.
Agardamos que desfrutedes desta nova viaxe artística realizada dende as ondas de Pepiño nas Ondas.
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario