Hoxe celebramos o Día da Radio, un medio que informa, acompaña, educa e crea comunidade. En Pepiño nas Ondas queremos poñer en valor a maxia das ondas, a forza da palabra e o compromiso de todas as persoas que fan posible que a radio siga viva cada día.
A radio é proximidade, é emoción, é participación. É unha xanela aberta ao mundo e, ao mesmo tempo, un espello da nosa comunidade.Por iso, a vindeira semana faremos unha pequena homenaxe moi especial: entregaremos un agasallo aos nosos voluntarios e voluntarias de radio, de sexto de primaria, como mostra do noso agradecemento polo seu tempo, a súa ilusión e o seu traballo desinteresado. Sen eles e elas, Pepiño nas Ondas non sería posible.
Grazas por poñer voz aos nosos proxectos, por compartir historias e por manter viva a esencia da radio cada día..png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario