12 de feb. de 2026

11 DE FEBREIRO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, unha data moi especial que nos invita a reflexionar sobre a importancia de promover a igualdade de oportunidades no ámbito científico desde as primeiras idades.

Dende o centro queremos contribuír a espertar vocacións, romper estereotipos e dar visibilidade ao papel fundamental das mulleres na ciencia ao longo da historia e na actualidade.

Para conmemorar este día, as rapazas axudantes de BiblioPepiño converteron a entrada do noso centro nun pequeno laboratorio cheo de curiosidade e ilusión. Durante a hora do recreo realizaron diferentes experimentos, compartindo co resto do alumnado descubrimentos sorprendentes e demostrando que a ciencia pode ser divertida, creativa e apaixonante.

Con iniciativas coma esta, fomentamos o interese pola investigación, o pensamento crítico e a participación activa das nenas e nenos no mundo científico, construíndo entre todas e todos unha escola máis igualitaria e chea de oportunidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario