Un ano mais volvemos a traballar coas matemáticas de xeito manipulativo en BiblioPepiño, resaltando deste xeito a importancia da experimentación para a interiorización e comprensión de novos conceptos.
Durante todo o mes e maio tivemos obradoiros de xogos de mesa matemáticos, na que o alumnado axudante de biblioteca, explicou a dinámica de cada xogo aos seus compañeiros/as.
Ademais o alumnado de primeiro e terceiro de primaria pudo disfrutar dunha xornada de matemáticas impartida por Paula Orta, profesora do IES A Sangriña, que achegou con todo o seu cariño as matemáticas aos pequenos de primaria.Coma sempre un privilexio contar contigo.MIL GRAZAS PAULA!
APRENDEMOS XOGANDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario