Dende BiblioPepiño conmemoramos o 25N: Día mundial contra a violencia de xénero, con contos.
Como xa é habitual, no corredor da biblioteca tivemos toda unha selección de contos e libros adicados ás mulleres e á importancia da igualdade entre homes e mulleres.
Por outra banda, temos que agradecer enormemente a colaboración da ANPA que, gracias á subvención de igualdade, nos ofertou dúas sesións de contacontos para o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria.
Este contacontos inesquecible correu da man de Migallas teatro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario