16 de abr. de 2023

LENDO NA VILA

Seguindo co noso proxecto de centro: A Guarda é vida, queremos facervos unha proposta.

Que vos parece un concurso para mostrarnos os vosos recunchos preferidos da vila?

Pos aquí vai:

Queremos propoñervos que nos enviedes unha foto a bibliopepinho@gmail.com na que estedes lendo nun recuncho da vila.

No email debe aparecer o voso nome e apelidos, así como o curso no que estades.


Haberá catro premiados:

    * Educación infantil

    * Primeiro ciclo de educación primaria

    * Segundo ciclo de educación primaria

    * Terceiro ciclo de educación primaria

Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario