14 de abr. de 2023

INICIACIÓN Á ARTE DE CONTAR CONTOS

Os próximos días 19 e 26 de abril teremos a sorte de contar, en BiblioPepiño, cun obradoiro de Iniciación á arte de Contar Contos, da man de Bea Campos.

A súa duración será de catro horas repartidas nos dous días, en horario de 15:30 a 17:30.

Bea Campos é actriz e narradora de historias coñecida por espectáculos como: Contos nas orellas, Os tres porquiños, Contos en cueiros...


Este obradoiro vai dirixido a familias do noso alumnado matriculado en educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria.

As prazas serán limitadas e serán asignadas en orde de inscripción, no seguinte formulario.


Este obradoiro será subvencionado dende Bibliotecas Escolares de Galicia, dentro do proxecto de Lectura e Familias  ao que nos incorporamos neste curso 2022-2023.



Animádevos a participar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario