Os alumnos de 2º B e 4º de primaria estiveron a recoller tapas de botellas de diferentes tamaños, cores, grosores; tamén recolleron cápsulas de café de aluminio e de plástico, redes onde veñen as laranxas, os allos, as patacas,,,, e gardamos cunchas de zamburiñas para estas datas.Primeiro clasificaron as tapas por: tamaños, cores, grosores...Seguiron clasificando, esta vez, as cápsulas de café segundo o material: alumnio ou plástico, tamén por tamaños.
Noutra sesión de plástica, pegaron as tapas para facer con elas os bonecos de neve!
Despois pintaron as cápsulas de plástico para convertelas nos gorros dos bonecos!
E tamén facerlles os buratos e pasarlles o fio para transformalas en campanillas.
Noutra sesión, fixéronlles buratos ás cápsulas de aluminio, facendo diversos debuxos.
Para o rincón tamén prepararon un bonecos de neve e uns renos con caixas de cartón, tapas, anacos vellos de tea, cápsulas e ramas da poda
Unha vez rematados, colocáronno no recuncho da biblioteca!!!
E, como podedes ver, quedóulles precioso...
Con esforzo, agarimo e traballando en equipo podemos acadar cousas tan marabillosas como éstas.
Encántanos velos felices e orgullosos dos seus traballos. Non hai mellor maneira de remtar as cousas... sodes XENIAIS RAPACES (E PROFES TAMÉN)
Como podemos apreciar nas imaxes, foi un longo e traballoso proceso pero os resultados non podían ser mellores.
Estamos moi orgullosos de vós!
Que chulo quedou!
Ningún comentario:
Publicar un comentario