Estamos
no outono, esa estación máxica, chea de cores: vermellos, laranxas,
amarelos..., tamén de choiva e vento. É unha estación estupenda para ler,
debuxar, para escoitar música, escribir poemas, adiviñas...
Xogos
Non
quero xogar ó feito
e
tampouco irei ós niños.
¡Non
quero facerlles mal
ós
coitados paxariños...!
-¡Non quero xogar ás bólas
nen ver roula-lo peón!
¡Tampouco quero correr
dando couces a un balón!
-¡Non xogarei ó escondite,
nen a xustiza e ladrós
anque
eu sexa o capitán
e teña
o mando dos bos!
-¿Dime
a que queres xogar?
Dime,
neno, o teu anceo.
-¡Quero
ter un avión
pra
percorrer todo o ceo!
Manuel María
Uxío Novoneyra evoca o outono neste fermoso e
sinxelo poema "Caen as follas". No vídeo está musicado por Emilio Cao.
Dende a biblioteca animámosvos a que fagades
debuxos, contos, poemas, adiviñas... sobre o outono e os traiades para compartir cos vosos
compañeiros.
Tamén é unha estación para XOGAR, por iso vos deixamos
estes xogos
![Xogos](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBDTdyPvJRzl1ShaSqnAPYKE-ghZoIwUdIbrrchrW1QYCBb4mqJPhHC4u_dOX0heaAyTnLEX80vzhtvyFNeKVxvCrjDPAZ2HNNR3_oFslYFGQVCQGOYkjO-AG0DYm5nL5KVCzauSO3l3E/s245/Captura+de+pantalla+2015-02-28+a+la%2528s%2529+15.42.30.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario