9 de abr. de 2011

IMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Este xoves, 14 de abril, despois do recreo, na Hora de Ler, reunirémonos todos, alumnado e profesorado para celebrar o DÍA DO LIBRO, que como sabedes, é o 23 de abril, pero que este curso coíncide nas vacacións de Semana Santa.

Como xa sabedes porque así o 
publicamos neste blog, levamos todo o mes de Marzo, recopilando e ilustrando marabillosamente poesías de autores diversos. Clicade na foto, xa veredes como é verdade!.


Por iso, celebraremos ese día lendo cada curso a súa poesía, dende os máis pequechos ata os máis maiores.


SEGURO QUE TOD@S IMOS DISFRUTAR MOITO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario