4 de abr. de 2011

ABRIL: MES DO LIBRO

 O 23 de abril, é o día do libro. Neste día conmemoramos a morte de dous grandes escritores en 1616, W. Shakespeare e Miguel de Cervantes.

 Dende  hai uns anos, na biblioteca do cole, aproveitamos par facer unha chea de actividades. Este curso, reunirémonos no salón de actos o día 15 despois do recreo para ler as poesías que con tanta ilusión recopilaron e ilustraron os nenos e nenas de todos os cursos para celebrar  en marzo o mes da poesía e que podedes ver no mural da entrada do cole.

Pero non sempre o libro foi un obxecto cotiá, fácil de adquirir nin fácil de ler ou levar. Se botamos unha ollada á esta  fabulosa presentación que fixo unha mestra de Melide (A Coruña), veremos que ata a aparición da imprenta o libro foi privilexio duns poucos tanto na Antigüidade como na Idade Media. Que gran sorte a nosa agora!.

Disfrutádeo, merece a pena!!

CLICAR AQUÍ---HISTORIA DO LIBRO 

Ningún comentario:

Publicar un comentario