22 de dec. de 2016

Viaxamos polo mundo: As nosas portas de Nadal

Como estamos viaxando polo mundo, neste Nadal, quixemos adornar as portas das nosas aulas facendo referencia a cada un dos países que estamos traballando. 
Mirade, mirade


19 de dec. de 2016

Recomendacións de Nadal

Este nadal recorda poñer na túa carta a Papa Noel, Apalpador e Reis Magos... unha morea de libros.
Aquí vos deixamos algunhas recomendacións!!!

17 de dec. de 2016

Bo Nadal

Máis libros do calendario Adventúrate!

Coma todos os días, na hora do recreo, os nenos son os encargados de destapar os números do calendario. Nesta ocasión os encargados son os nenos de cuarto.

Que libros estarán agochados debaixo das bandeiras?

Gustaránnos?

Serán divertidos?

Se busca a Lili una liebre, ladrona de libros

Lili es una liebre que se busca bajo la sospecha de mangar novelas, desaparecer diccionarios, adueñarse de poesías... Se la vio por última vez en casa de Arturo.


¿Nos ayudas a encontrarla?


Cal descubriremos nos?
Veña, descúbreo!!!




















                         A bruxa regañadentes


Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida


13 de dec. de 2016

Actividade de animación á lectura entre os centros IES A Sangriña e o noso centro

Os nosos  veciños do IES A Sangriña e o noso centro  estamos a levar a cabo  unha actividade conxunta de animación á lectura.

O obxectivo primordial é  acadar nos cativos o gusto pola lectura.

O pasado venres tivo lugar a primeira das actividades programadas: lectura dun conto e o conseguinte obradoiro titulado " As tesoiras de Matisse"

Os participantes desta actividade foron os alumnos de 1º da ESO B e C e os alumnos de E. Infantil do noso cole.


Cando os nosos pequerrechos chegaron ao Instituto  alí, na entrada, estaban  esperándoos impacientes. Xuntos subiron á biblioteca, onde  se desenvolveu a actividade.


Que atentos estiveron durante a lectura do conto "Pintores"






Despois da lectura, e para rematar a actividade, os pequerrechos axudados polos anfitrións participaron na decoración da árbore de Nadal da biblioteca do IES.

 Pero, estade ben atentos por que...


O vindeiro ano continuarán as actividades de animación á lectura coa Semana dos Contos do mundo enmarcados na nosa PDI  " Viaxamos polo mundo"