13 de dec. de 2016

Actividade de animación á lectura entre os centros IES A Sangriña e o noso centro

Os nosos  veciños do IES A Sangriña e o noso centro  estamos a levar a cabo  unha actividade conxunta de animación á lectura.

O obxectivo primordial é  acadar nos cativos o gusto pola lectura.

O pasado venres tivo lugar a primeira das actividades programadas: lectura dun conto e o conseguinte obradoiro titulado " As tesoiras de Matisse"

Os participantes desta actividade foron os alumnos de 1º da ESO B e C e os alumnos de E. Infantil do noso cole.


Cando os nosos pequerrechos chegaron ao Instituto  alí, na entrada, estaban  esperándoos impacientes. Xuntos subiron á biblioteca, onde  se desenvolveu a actividade.


Que atentos estiveron durante a lectura do conto "Pintores"






Despois da lectura, e para rematar a actividade, os pequerrechos axudados polos anfitrións participaron na decoración da árbore de Nadal da biblioteca do IES.

 Pero, estade ben atentos por que...


O vindeiro ano continuarán as actividades de animación á lectura coa Semana dos Contos do mundo enmarcados na nosa PDI  " Viaxamos polo mundo"




Ningún comentario:

Publicar un comentario