15 de out. de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Ola rapazada.

Un dos momentos mais esperados na Biblio xa está aquí. As notas mochilas viaxeiras xa están listas para partir as cosas casas. 

Este ano teñen algunha novidade, que vos parecen uns divertidos retos propostos polo profe Noel de educación física? Seredes capaces de bailar o disco chino? E de atravesar unha habitación sen pisar o chan?

Estaremos atentxs!


Podedes identificar nas mochilas o pequeno guiño que fixemos ao noso proxecto de centro? 
Seguro que si, cada mochila leva unha etiqueta cun lugar recoñecido da nosa vila, que ademais deberedes reinterpretar no caderno viaxeiro, coa finalidade de facer unha exposición gráfica de todos estes espacios do noso Concello.

GRAZAS A TODXS e moi especialmente a TODXS AS FAMILIAS!

13 de out. de 2022

A GUARDA É VIDA

Damos comezo ao noso proxecto documental de centro, este ano versará sobre...


Así é sobre a Guarda, unha pequena vila mariñeira situada ao suroeste de Galicia, estades preparadxs para investigar?

COMEZAMOS!

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

 O luns 17 de outubro BiblioPepiño abre as súas portas a todxs as familias que o desexen.

Farémolo en horario de tarde, de 15:30 a 17:30 os luns, mércores e xoves.

Aquí tedes unha pequena explicación do funcionamento da nosa biblioteca.



2 de out. de 2022

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

 Boas rapazada, esta semana precisamos da vosa colaboración, comezamos a preparar os grupos de axudantes de biblioteca.

Si es alumno ou alumna de quinto ou sexto, e estás interesado/a en colaborar con nos, vémonos o mártes día 4 de outubro ás 11:05 na biblioteca.


Vémonos o martes!

29 de set. de 2022

CONTAMOS CON VOS

 Este curso, dado que a situación sanitaria mellorou, queremos contar con toda a comunidade educativa para poder desenvolver diversas actividades na nosa biblioteca. Antes de continuar coa nosa planificación gustaríanos saber en que medida podemos contar con vos. 

Para iso creamos un pequeno formulario, e así poder conocer as vosas impresións.


O formulario estará activo ata o próximo día 3 de outubro. 
Moitísimas grasas polo voso tempo.

28 de set. de 2022

PREPARANDO A VOLTA

 Ola rapazada, o curso xa está empezado pero... aínda botamos en falta  alguna cousiña, verdade?

Que vos parece si vos conto que a biblioteca está a piques de abrir as suas portas?

Moi pronto marcaremos unha data para comezar, estade atentos ao blog e ao noso Instagram.

Haberá información fresquiña e moitas novidades.

Imos facer un par de adiantos.

Este ano retomamos os axudantes de biblioteca. Si, si eres de quinto e/ ou sexto pronto recibirás unha convocatoria para a selección de axudantes.

E por outra banda... Aquí tedes unha pequena pista sobre a noso proxecto documental integrado para este curso.


PRONTO PRONTIÑO TEREMOS MAIS NOVIDADES, ESTADE ATENTXS!

18 de xul. de 2022

FELICES VACACIÓNS

 E rematamos un curso máis, este curso cheo de pasiños de cara á nova normalidade.

Toca descansar e desconectar. Pero sempre cun libro na man.

Vémonos en setembro!



BOAS VACACIÓNS