1 de abr. de 2016

Xa temos un Kamishibay na biblio!!!

O Equipo da biblioteca acaba de mercar un Kamishibay para o cole!!!

Queriámolo estrear xa!

Decidimos facelo o pasado venres na biblioteca,  na hora de ler.

Como o fixemos?

Moi fácil, aproveitando  que os alumnos de 3º de primaria, para celebrar o Día da Poesía, traballaron os poemas do libro O xardín de Irene, de Xosé Neira Vilas, e que ilustraron cada un dos seus poemas,  invitámolos a presentarnos o seu traballo usando  o Kamishibay,  como soporte.

Para esta estrea foron invitados os compañeiros de corredor, os alumnos de primeiro e segundo. 





Estas son as imaxes de todo o proceso!

31 de mar. de 2016

Bicos na voz

Queremos agasallarvos con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro "Bicos na voz", como remate á celebración do Día da poesía e agradecemento pola vosa enorme colaboración. 

Celebramos o Día Internacional da Poesía!

Hoxe, celebramos o Día Internacional da poesía!

O título desta actividade foi " Poesías por un tubo" que quere dicir moitas, moitas poesías. 



Para preparar a actividade durante a semana 

tivechedes que decorar os tubos, memorizar, entoar e 

ilustrar os poemas que caíron na actividade anterior 

"Chuvia de poemas" 




 Na hora de ler, saímos todos ao patio cos nosos tubos decorados na man.




Alí comezamos a nosa celebración!!!

Xuntámonos tod@s, rapidamente buscamos a eses amigos, 

os irmáns, os mestres... e a escoitar, susurrar, recitar " 

poesías por un tubo"

Mirade as cariñas que tiñades! 















Graciñas a todos por participar na actividade! 

Poemas de animais

Os animais están presentes nas nosas vidas e tamén na poesía!

E como sabemos que vos gustan moito, fixemos esta selección de poemas.
Veña!  
    Imos a lelos!
         Seguriño que vos van a encantar!!!


29 de mar. de 2016

Un poema cada día!

Encántanos ver como ledes as poesías que temos polos corredores na entrada e na biblioteca!











Calquera momento é bo.










Non deixes de lelas! Algunhas son divertidas, outras mentireiras, outras moi sonoras....



Sigue lendo polo menos, unha ó día!



A recitar poemas por un tubo!

O vindeiro xoves día 31, na hora de ler, esperámosvos a todos no patio!

Para que?

Para celebrar o Día da poesía.

Que imos facer?

Recitar, susurrar, cantar, ... o teu poema a un compañeiro, a un amigo, a túa irmá, a profe...


E... non esquezas :

Para a túa  poesía poder  recitar,

un tubo decorado tes que levar!

16 de mar. de 2016

Recuncho da poesía


Para que todos poidades desfrutar, durante este mes de marzo, da poesía, xa temos o recuncho preparado! 

Quedou precioso!

Nas paredes, pegadas, atoparedes unha morea de poesías para ler, compartir, recitar... . 

Tamén están a vosa disposición unha selección de libros cheos de poesías divertidas, simpáticas, mentireiras, alegres...

Pásate pola biblio! E... non deixes de lelas!



Bibliopepiño CEIP A Sangriña on PhotoPeach