12 de xan. de 2016

DESCUBRIMOS A SORPRESA!!!

Nada máis chegar das vacacións de Nadal, anunciamos unha sorpresa.

Hoxe, na hora do recreo, fuchedes moitos os que vos achegastéis a descubrila.






 Sabiamos o moito que vos gustaban estes libros, por iso , decidimos mercar... dúas coleccións!!!
 Agora xa sabedes , a sorpresa era..... Un novo recuncho: 
O RECUNCHO DE GREG.





Esperamos que desfrutedes moito, moito coa lectura deste libros!!!




Estade atentos! En breve, teredes que facer algunha cousiña cos diarios de Greg



Hasta a próxima! Vémonos lendo!!!

10 de xan. de 2016

NOVIDADES : ANINOVO, LIBROS NOVOS

Na  entrada anterior decíamos: XA ESTÁN AQUÍ! 

Pero, pediámos un pouquiño de tempo para facer o noso traballo.
Agora si, xa temos estos preparados


Aquí os tedes!!!




Invitámosvos a botarlles unha  ollada, a tocalos, a ver as ilustracións, a ver cal vos gusta máis, a comentar cos compañeiros.... 

BIBLIOPEPINHO CEIP A SANGRIÑA on PhotoPeach

Pero aínda non os podedes levar a casa en préstamo. Estaredes preguntando por que?

Moi sinxelo, para que todos teñades tempo de descubrir as novidades.

A partires do luns da vindeira semana... a por eles!!!

Non esquezades pasar  o luns , na hora do recreo, pola biblio. Descubrimos a sorpresa!!!

7 de xan. de 2016

ANINOVO, LIBROS NOVOS!!


Xa estamos de volta e aninovo, libros novos!!!

Queremos informarvos que temos unha morea de libros novos na biblioteca. Algúns deles  son as recomendacións que fixemos no calendario Advento.

Recordades cales eran?



Seguro que vos estades preguntando cando os podedes levar en préstamo.

Contámosvos os pasos que debemos dar antes de que os poidades levar a casa. Antes de polos a vosa disposición temos que facer algunhas tarefas:

Ø REXISTRALOS, é dicir, asignarlles un número de entrada para distinguilo.

Ø SELALOS, para identificalos como propiedade da biblioteca.

Ø CATALOGALOS, para identificalos e acceder a eles rapidamente.

Ø FORRALOS, para que non se estraguen.

Ø ETIQUETALOS, por etiquetas no lombo e na portada.

Como vedes temos un pouquiño de traballo, pero non vos preocupedes o importante é que XA ESTÁN AQUÍ!




Próximamente  poderedes desfrutar deles e con eles!!!

SORPRESA NA BIBLIO!

Ola rapaces!

Comezamos un novo trimestre preparando unha sorpresa na biblio!


Non deixedes de vir a descubrila a partires do luns!!!

Esperámosvos!!! Seguro que vos vai a encantar!!!

5 de xan. de 2016

FELIZ NOITE DE REIS

Hoxe, todos a durmir cediño que andan cerquiña....

E... por se non vos entra o soño, este libro para ler!



Escoitade esta cantiga de Mamacabra. Xa me tardan eses Magos




Feliz Noite de Reis!

3 de xan. de 2016

CERVANTES XA É UNHA ESTRELA

Os alumnos de terceiro de primaria, o curso pasado, estiveron participando no Proxecto Colaborativo" O Quixote coas Tic"




Durante o primeiro trimestre deste curso traballaron nun novo proxecto: Unha viaxe polo Universo.  
Mentras estaban investigando, descubriron que se poñía en marcha unha campaña para porlle nome a un novo sistema solar. O nome proposto para a nova estrela era CERVANTES e aos planetas que a orbitan: QUIXOTE, DULCINEA, SANCHO E ROCINANTE.

Seguiron a campaña, votaron e agora queren compartir esta xenial nova. 

Pinchade na imaxe para saber máis





2 de xan. de 2016

SOÑANDO POLO NADAL

Neste Nadal queremos soñar un mundo sen guerras, sen loitas, sen violencia, sen fame. Queremos soñar un mundo onde os nenos vivan felices,e imos soñar.... que este soño se faga realidade!