2 de out. de 2015

QUE PODEDES FACER PARA SER BOS LECTORES?

O Equipo da Biblioteca, queremos deixarvos esta fermosa presentación do decálogo para ser  bos lectores que atopamos na páxina do Ministerio de Educación  Cultura y Turismo "Leer.es"

          Desfrutádea! E non vos esquezades de practicala!!!
























E... PARA OS PAIS E NAIS?

Pois tamén!... Dez cousiñas a ter en conta:



E uns conselliños que poden ser de utlidade!





1 de out. de 2015

OS NOSOS COLABORADORES!


Este é o noso enorme grupo de colaboradores!

Son rapaces e rapazas voluntarios de 6º de primaria.


A súa ilusión e moita, están desexando que veñades a biblioteca!



Van realizar tarefas dentro da biblioteca como: realizar empréstimos e devolucións de libros, ordear fondos, colocar andeis, forrar libros, contar contos....





Tamén realizarán outras tareas fóra da biblioteca: axudar a decorar espazos comúns, presentar novidades, contar contos aos máis pequerrechos,  axudar a buscar información ordenadores,visitar as aulas para dar información...





Grazas a eles, a nosa biblioteca é un espazo vivo, activo e participativo.

Un millón de grazas rapaces!!!

TRESSS, DOUSSS, UNNN, CEROOO !


Comezan a viaxe... as mochilas viaxeiras!!!




Como cada ano, inician  unha nova andaina para percorrer de novo, os vosos fogares e así achegar un anaquiño da nosa biblioteca.

Para os máis cativos, 
   para os maiores, 
     para as familias...
       para todos! 
Por iso nelas atopardes materias para todos.  

Nela tamén vai o caderno viaxeiro. É un caderno para que enchades coas vosas ideas, traballos, debuxos, comentarios, suxerencias... que xurdan ao redor dos materias que levades. 

Seguro que algunhas delas  as poderemos ver no blog Bibliopepinho. 


30 de set. de 2015

ABRIMOS AS PORTAS!!

Un curso máis a Biblioteca abre as súas portas, coma sempre, contamos coa vosa asistencia e participación.



Este curso  Bibliopepiño prométevos:

     Contar novos contos.
      Descubrir historias incribles.
       Encontros con autores.
        Sesións de animación á lectura.
         Encontros lectores coas familias.
          Exposicións de libros.
        Facer unha pequena biblioteca dixital.
      Colgar no blog noticias  lectoras interesantes,          curiosidades, os vosos traballos...
    E... algunha que outra sorpresa!

Para empezar, os colaboradores da biblioteca, deixarán nas vosas aulas un cartel coma este.



É unha ilustración do libro "Queda la música" da Editorial amigos de papel. Trátase dun poemario do autor Antonio García Teijeiro e que ilustrou Tesa González


ESPERAMOS A VOSA VISITA PORQUE...


                    VÉMONOS NA BIBLIOOOO

29 de set. de 2015

TODO PREPARADO PARA ABRIR !

Ola pequenos e grandes lectores!

O Equipo da biblioteca e Pepiño xa temos todo preparado para abrir as portas. 
Será o vindeiro día 1 de outubro. 

-Xa tedes ganas, non si?
-Pois non queda nada.

Empezaremos coa a firma dos contratos, entrega dunha sorpresa para as vosas aulas, a presentación dos novos axudantes, entrega dos carnés dos novos lectores, a viaxe das "mochilas viaxeiras" que partirán da biblioteca, cara as vosas casas,  na  primeira hora semanal que tedes adicada a biblioteca...


Para que a espera sexa máis levadeira, deixámosvos este vídeo, que seguro, vos vai facer pensar o afortunados que sodes por ter unha biblioteca a vosa disposición.




Esperámosvos!

27 de set. de 2015

UNHA CURIOSIDADE SORPRENDENTE!

Seguro que nunca virades algo así. 

Trátase dunhas pinturas segredas nos bordos de libros de principios do século XIX.

Pénsase que estas pinturas se remontan á década de 1650, son un xeito de ocultar a pintura no bordo dun libro, de modo que so se poden ver cando as páxinas se abren en forma de abanico. hai algúns libros que teñen dobres pinturas, segundo se vexan nun sentido  ou noutro.Botádelle unha ollada a estes vídeos!