Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de contos para o Nadal.
Recordade que pedir e regalar un conto sempre é unha moi boa idea!
Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de contos para o Nadal.
Recordade que pedir e regalar un conto sempre é unha moi boa idea!
Nestos días a profe Ana estívonos contando un conto mooooi chulo e divertido de tres irmáns e un oso. A historia ocorre nun planeta blanco dunha lonxana galaxia...
A profe estivo xenial, gustounos moitíííííísimo!
Grazas profe!
Despois fixemos algunha actividade sobre o conto: pintamos, debuxamos, recordamos e inventamos un nome para ese planeta tan peculiar.
Hoxe é un día de especial importancia. Hoxe é 25 de novembro: 25N.
Desde Bibliopepiño apoiamos fortemente as igualdades entre nenos e nenas e pensamos que estas bases se asentan na infancia.
Por iso, este curso a BiblioPepiño está mudando e transformándose para que no vindeiro curso poidamos disfrutar dela moooooooito máis.
E unha das novidades é a creación dun RECUNCHO DE IGUALDADE no que podemos atopar unha chea de contos que tratan esta temática.
Ao longo do curso iremos mercando máis libros para incluílos nesta zona. Algunhas das últimas novidades e libros premiados nesta categoría xa están á vosa disposición neste recunchiño.
Moitos deles van dentro das mochilas viaxeiras, por exemplo:
¡Vivan las uñas de colores!
Cuando las niñas vuelan alto.
Cincenta e as zapatillas peludas.
El libro secreto de las princesas que se tiran pedos.
Érase dos veces la ratita presumida.
Érase dos veces los tres cerditos.
Érase dos veces la Cenicienta.
Os peques de primaria estiveron lendo e traballando co conto de Antonie de Saint-Exupéry "O Principiño".
Fixeron un montón de actividades e gustoulles tanto que vos animan a todos a que o leades, hai varios exemplares na biblio.
E ademais, esta historia está moi vencellada coa PDI deste ano, sabedes onde vive "O Principiño"? Pois nada máis e nada menos ca nun asteroide!
Aquí tedes a ligazón para ver a lectura dos compis, que ben o fixeron!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/node/1050
E por aquí unhas fotos dos seus traballos, chulísimos!
Os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria estiveron traballando a poesía cun poema de Antonio García Teijeiro: Pasou a lúa.
Moi relacionado co PDI deste curso, xenial!!!
E mirade que cousa máis fermosa fixeron. Aquí tedes o enlace ao blog de 5º para que poidades ver tooodo o que traballan á vez que disfrutan coa lectura e a lingua galega.
Gran traballo rapaces!
http://opedocastro.blogspot.com/2020/11/pasou-lua.html
Outro conto en inglés na sección de StoryTelling!
Desta volta, Ozzy é a protagonista desta historia. Unha historia un pouco disparatada!