Amosando publicacións coa etiqueta libros interactivos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros interactivos. Amosar todas as publicacións

5 de feb. de 2016

CONTO " PEDRO EL MIEDOSO"

ClicClicClic é un proxecto que parte da idea de que se os nenos usan  as novas tecnoloxías desde idades temperás, tamén é importante que atopen lecturas interactivas de contos de forma gratuíta. 

Por isto poñen a nosa disposición un conxunto de contos interactivos para os máis pequerrechos.


Hoxe traemos ao Bibliopepiño  o conto" Pedro el miedoso"

Este conto interactivo cóntache  unha historia que che fará reflexionar un pouco, accionar o rato e axudar a Pedro a superar os seus medos.

Ti, lector, tes que porte na situación de Pedro e, coa axuda do pequeno 
vampiro deitarche guiar, e trata de resolver os problemas con que te 
atopes.


É unha excelente oportunidade para que aprendas e desfrutes!!! 

Anímate! Pincha na imaxe e... a ler!


4 de feb. de 2016

O QUIXOTE INTERACTIVO


O ano pasado celebrouse de diferentes formas o IV Centenario da publicación da Segunda parte da obra Universal Don Quixote da Mancha do autor Miguel de Cervantes.


A Biblioteca Nacional  de España ven de publicar unha nova versión do Quixote interactiva máis completa e actualizada ca que existía anteriormente.


Esta iniciativa da BNE, fainos posible desfrutar da lectura desta xenial novela, ao mesmo tempo que podemos acceder a contidos multimedia que nos axudan a contextualizar a obra. 

Clica nas seguintes imaxes para acceder ao Quixote interactivo.

Quixote ( parte I)
Quixote ( parte II)