14 de maio de 2023

CEREBRO E PANTALLAS: María Couso

 A sesión con María Couso resultou do mais agradable. 

María Couso impartíu o pasado día 12 de maio unha sesión de formación para as nosas familias sobre o impacto das pantallas nos nenos/as de forma temperá e carecendo de ningún tipo de control.

Durante dúas horas e media poidemos coñecer cales son as consecuencias fisiolóxicas e atencionais, dun uso abusivo das pantallas en idades temperás.

Aproveitamos para pedirlle que nos agasallara cunha dedicatoria no noso exemplar de "Cerebro infancia y Juego", e fíxoo encantadísima.


Foi para nos todo un privilexio terte en BiblioPepiño e que compartiras con nos todos os teus coñecementos.

GRAZAS MARÍA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario