22 de mar. de 2022

DÍA MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS

O pasado día 14 de marzo conmemorouse o Día internacional das matemáticas, por coincidir esta data cas primeiras cifras do número pi (3.14)

Para conmemoralo os alumn@s de primeiro disfrutaron dun obradoiro, na biblioteca do centro, de lóxica matemática, dirixida pola profesora do IES A Sangriña, Paula Orta, ademáis nai dun alumno do noso centro.

Nesta sesión de matemáticas manipulativas leváronse a cabo tarefas de lóxica e coñecemento de conxuntos. 

Foi unha xornada moi entretida e produtiva, xa que a mellor maneira de aprender é divertíndonos, xogando e manipulando.



Ningún comentario:

Publicar un comentario