11 de mar. de 2021

A MULLER, MÁIS CA UN DÍA!

No CEIP A Sangriña levamos unha boa tempada aprendendo con mulleres, é que mira que foron, son e serán importantísimas nas nosas vidas.

Desde o 11 de Febreiro coa conmemoración das Mulleres e as Nenas na Ciencia, pasando polo día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro) ata chegar ao 8M: Día da Muller Traballadora.

Botamos man do gran número de contos e recursos que conta a biblioteca do colexio, mirade algúns exemplos:




Velaquí tedes unha mostra de todo o que se traballou e os resultados tan fermosos e educativos que se acadaron. 


Exposición das cativas e cativos de 6º de Educación Infantil e o seu mestre Jose sobre mulleres importantes na historia da humanidade.

Grandes artistas á vista!






Na zona de recepción do colexio podedes ver este mural tan impresionante sobre mulleres galegas e relacionado coa PDI deste ano. As nenas e nenos de 4º e 2ºA foron as creadoras desta montaxe tan orixinal.

Espectacular!





As alumnas e alumnos de 5º fixeron esta liña do tempo na asignatura de Art & Crafts (sección bilingüe). Podedes vela nas fiestras da biblioteca.

Awesome!





Tedes aquí tamén o enlace do blog da aula de 5º para que vexades e disfrutedes de todas as actividades sobre esta temática coas que estiveron traballando:

- Día Internacional da Muller a Nena na Ciencia (11 de Febreiro).

-Día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro).

-Homenaxe a Xela Arias.

-Día da Muller Traballadora (8 de Marzo).



FANTÁSTICO TRABALLO!




Ningún comentario:

Publicar un comentario