Xa temos padriños!
O pasado venres chegaron ás clases dos máis cativos (educación infantil, 1º e 2º) unha morea de contos para arrancar cos apadriñamentos lectores.
Este curso os padriños non poderán lerlle directamente aos seus apadriñados... mágoa! pero si que lles irán recomendando lecturas que de seguro van disfrutar!
E así comezamos, os maiores recomendaron o primeiro conto e tamén aproveitaron para presentarse nunha pequena carta de presentación e agasallar aos peques cun marcapáxinas.
Os vosos padriños estelares agardan que vos encanten todas as recomendacións!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario