24 de mar. de 2019

VISITA PACO NOGUEIRAS

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria tivemos a sorte de poder estar con Paco Nogueiras. Foi unha visita chea de sorpresas. 
Cantamos cancións que Paco acompañaba con instrumentos musicais;  a nosa parte favorita da actividade. 
Os seus contos son moi divertidos. Sen dúbida un dos nosos autores favoritos. Aquí vos deixamos unha mostra dos bos momentos que pasamos con Paco! Grazas pola visita!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario