16 de mar. de 2018

Antonio García Teijeiro

Non todos os días podes decir que visitou a nosa biblio un premio nacional de literatura infantil e xuvenil...pero nós hoxe si! E ademáis desfrutámolo moito, dende que entrou pola porta, a conexión co alumnado de 5ºEP que asistiu foi inmensa. Demostrou que ademáis de ser un grande escritor, leva un gran mestre dentro, e fixo unha visita por e para os nenos, con xogos, cancións, adiviñas, e ata trouxo ó seu amigo Martiño!




Antonio veu presentar o seu libro Poemar o mar, o segundo dunha triloxía baseada no que hoxe descubrimos que é unha auténtica paixón para él, o mar, así como a nosa vila mariñeira.
Comentarvos que o alumnado de 5º fixo un libro no que ilustrou cada un dos poemas traballados, e co que o deixaron abraiado, xa que temos grandes artistas nas nosas aulas! Máis abaixo tedes unha breve mostra do mesmo.




Unha pena non poder ensinarvos todo o que vivimos, pero aquí vos queda parte desta xornada tan especial.




Ningún comentario:

Publicar un comentario