13 de dec. de 2015

LENDA DO ABETO DE NADAL

LENDA DO ABAETO DE NADAL

Conta a lenda que dous amigos da Selva Negra, leñadores de profesión, decidiron pasar xuntos a Noite Boa.
  

Había o gran perigo de que o visitante non atopara a cabana do seu amigo, na noite pecha do mes de decembro e, para axudalo, advertilo e guialo ó lugar da cita, o amigo decidiu por unha serie de luciñas nun abeto que había ó pé da casa. Tamén conta a lenda que o leñador pensou que sería bo adorna-la árbore con tódolos recordos bonitos que tiña na cabana e pendurar dela os seus regalos para darlle a benvida e demostrarlle a súa ledicia por estar xuntos nesas Festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario