O 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Pero sabedes por que é neste día?....Atent@s!!!
Instituíuse no ano 1997, a instancias da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil. Con esta acción pretendíase lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992, durante a Guerra de Bosnia.
Canto mellor nos levaríamos no mundo se, en lugar de empuñar armas, léramos libros!
Moi pronto poderedes ver aquí as imaxes de todas as actividades que levamos feitas para celebrar este mes das Bibliotecas: visita guiadas á Biblio, os novos axudant@s, mochilas viaxeiras...Mentras agardamos imos pór toda a nosa atención neste video que vos fará reflexionar...
Dende A CHARCA DOS LIBROS, a Bilioteca do CEIP ROSALIA DE CASTRO en Xinzo de Limia, deixannos este video que nos parece que temos que ver....Isto é do que trata....William Kamkwamba e a súa familia eran moi pobres. Tiña tan só 14 anos cando tivo que deixar a escola secundaria porque era de pago. Conseguiu construír para a súa familia un muíño de vento, para xerar electricidade, feito de pezas de recambio e ferralla, baseado nuns planos aproximados que atopou nun LIBRO dunha BIBLIOTECA.
E, para os máis pequechos, déixovos na compaña dos BOLECHAS que nos explican como é unha Biblioteca...
FELIZ DÍA E BOAS LECTURAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario